A Asemblea do Golfo Ártabro aprobou hoxe a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Candidatura aos GALP´s 2014-2020 financiados polo Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro

Hoxe aprobouse pola Asemblea de Socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" a Estratexia de desenvolvemento Local  Participativo (EDLP), este documento marcará as pautas a seguir para os vindeiros anos. 
Baixo lema "vogando hacia noso futuro" o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" conseguíu realizar unha Estratexia na que participaron Confrarías de Pescadores (A Coruña, Mera, Lorbé, Sada


), Asociacións e Fundacións do Sector Pesqueiro, Fundacións, empresas, a universidade, os concellos do ámbito territorial (Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo), Asociacións, Fundacións e clubs (de Mulleres,  da diversidade funcional, ambientais, empresariais, culturais, deportivas, etc.), e insticións como a (delegación da Coruña da Conselleria do Mar, Demarcacións de Costas, Capitanía Marítima de Sada), COETICOR, Colexio de Xeografos de Galicia, CEIDA, empresas públicas Edar de Coruña, empresas do Sector Turístico, ambientais, etc. Ong, GDR Mariñas - Betanzos e a Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como pescadores artesanais, redeiras, e persoas interesadas do territorio.
 
O longo camiño, no que se realizaron máis de vinte actividades, neste ano e medio na preparación da Candidatura e en especial no derradeiro mes na preparación da Estratexia, gracias o interese de todos estes axentes sociais do territorio, construimos unha estratexia que deberemos implementar nos vindeiros catro anos, unha vez que nola aprobe a Consellería do Mar. 
Traballaremos dende a colaboración e cooperación na procura de proxectos viables e sustentables no tempo, innovadores, co obxectivo de crear un emprego de calidade, e inclúintes (xóvenes, mulleres, persoas con diversidade funcional, en perigo de exclusión social, etc), que servan de exemplo e de boas prácticas no noso territorio e noutros.
Nos vindeiros días estará a disposicíón de toda persoa interesada a proposta de EDLP no apartado de Elaboración da Estratexia. 

Queremos agradecer dende a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur a tódalas persoas e entidades que participaron e contribuiron na realización deste documento.
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio