O vindeiro luns reunirase a comisión avaliadora da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur

Dende a Consellería do Mar informáronnos que o vindeiro luns día 30 de xaneiro de 2017 reunirase a Comisión que avaliará a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur.
 A Estratexia Local de Desenvolvemento Participativo foi presentada o pasado decembro de 2016. Unha vez avaliada a estratexia  espérase que nos vindeiros días saía a Resolución de Aprobación da mesma, así coma o orzamento para o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur terá para a súa execución.  Para elo asinarase un convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur.

Neste período de preparación da nova estratexia participaron máis de 200 persoas de entidades de todos os sectores do noso territorio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024