Candieira, promovendo o traballo e a gobernanza das mulleres no mar



Aínda non coñeces Candieira?

É un proxecto de cooperación e traballo impulsado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que nace para favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia.

Estamos falando dunha rede de apoio para as mulleres do mar que teñen necesidade de intercambiar saberes e coñecementos. Candieira tamén traballa na súa formación e na súa promoción, organizando diferentes obradoiros ou programas de orientación laboral como é o caso de 'Embarca'.

Candieira viaxa por todos os municipios costeiros dos GALP e «enreda» a diferentes axentes vinculados á igualdade, o emprendemento e a innovación creando así un grupo para conducir o proxecto. Consulta na súa web, www.candieira.net, as datas dos seguintes encontros abertos e... participa! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio