O GALP Golfo Ártabro Sur levará a pleno os orzamentos e a proposta de actividades de 2018
O GALP Golfo Ártabro Sur celebrará mañá, venres 27 de abril ás
18.00 en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda, a
reunión ordinaria da Asemblea Xeral de Socios no salón de plenos do
Concello de Sada.
A orde do día inclúe, entre outros, a aprobación da acta da asemblea do
2017, o informe de presidencia, a memoria económica e de actividades do pasado
ano e, por último, os orzamentos, a proposta de actividades, e os proxectos de
cooperación e subvencións do 2018.
Unha vez rematada a asemblea, haberá unha acción formativa, ás 19.00 horas,
sobre cooperación en base ao patrimonio cultural marítimo e subacuático
nas costas do Golfo Ártabro, así como nas oportunidades de dinamización
económica a través do patrimonio somerxido e costeiro asociado.
Comentarios
Publicar un comentario