A biodiversidade no Golfo Ártabro


O vindeiro martes, 22 de maio, o Castelo de Santa Cruz, no Concello de Oleiros, acollerá unha xornada formativa titulada 'O Golfo Ártabro, biodiversidade e benestar humano', organizada polo Ceida. Á inauguración do evento, que está dirixido a profesionais de actividades relacionadas co medio mariño e a poboación xeral interesada no sector, asistirá en representación do GALP Golfo Ártabro Sur,  José Garrote Martín.

O Golfo Ártabro está conformado pola confluencia das Rías de A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, cun litoral de máis de 200 km de lonxitude que abrangue a 16 concellos. Este espazo marítimo e litoral alberga un rico patrimonio natural e cultural, unha gran variedade de hábitats e ecosistemas e unha elevada biodiversidade: valiosísimos fondos e pradeiras mariñas, dunas e lagoas costeiras, poboacións de golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, Espazos Naturais Protexidos, etc.

O obxectivo desta xornada é sensibilizar á sociedade no seu conxunto e a colectivos específicos relacionados co medio mariño acerca do valor da biodiversidade e servicios dos ecosistemas litorais e mariños e o patrimonio marítimo do Golfo Ártabro, para o fomento de usos, actividades e prácticas sostibles no medio mariño.

A entrada ao evento é de balde pero as prazas son limitadas, infórmate en formacion@ceida.org, na web www.ceida.org ou no 981630618

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio