Aberto o prazo para solicitar as axudas do GALP Golfo Ártabro Sur




O prazo para optar ás axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur​ ao abeiro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo está aberto ata o 1 de marzo de 2020.

O GALP Golfo Ártabro Sur conta con 3 millóns de euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Entre os obxectivos deste plan está a mellora da competitividade do sector pesqueiro e o fomento do emprego, polo que se tes un proxecto, produtivo ou non produtivo, relacionado co sector podes optar a estas subvencións.

No espazo web do GALP ( adxuntar ligazón https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/documentacion) atoparás a documentación básica para presentar a túa iniciativa, xunto coa normativa e manuais para coñecer o procedemento.

Non agardes máis! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio