Fomentando os recursos turísticos da comarca na xornada organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur


Máis dunha decena de persoas participaron hoxe, xoves 15 de novembro, nunha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros que se atopan nos concellos do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.

A través desta acción, coñecida como ‘FamTrip’, os participantes foron recollidos no Concello de Narón, na estación de tren de Ferrol, na de autobuses da Coruña e no Concello de Sada. A primeira parada tivo lugar no barrio mariñeiro de Fontán para viaxar desde alí ata o Castelo de Santa Cruz, onde se levou a cabo unha xornada de traballo.


En Santa Cruz explicouse con maior grao de detalle os contidos da Ruta dos Faros, levouse a cabo unha xornada de networking na que se empregou unha novidosa técnica que facilitará ás empresas emprender novas alternativas de colaboración e, para rematar, houbo unha degustación dun pincho de inspiración mariñeira.

Despois foi a quenda das visitas, nas que os participantes coñeceron a fondo o Castelo de Santa Cruz, o Aquarium Finisterrae e a Torre de Hércules. 

O obxectivo que se persegue con esta acción é fomentar o interese polos recursos turísticos da zona buscando a identificación por parte das empresas do territorio e as dos concellos limítrofes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024