FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP GOLFO ÁRTABRO SUR





O GALP Golfo Ártabro Sur convida o vindeiro xoves 15 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros.
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripGolfoArtabroSur
Para facilitar a participación disporase de transporte público que sairá dende os seguintes puntos:
- Concello de Narón (porta do Concello da estrada de Castela)
- Estación de tren de Ferrol (porta da estación de autobuses)
- Estación de autobuses de A Coruña (porta da estación, xunto ao aparcamento)
- Concello de Sada (nos edificios administrativos, Av. da Mariña 25)
O evento contará con visitas ao barrio de Fontán, ao Castelo de Santa Cruz, ao Aquarium Finisterrae e á Torre de Hércules.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio