FELIZ PATROA Á XENTE DO MAR



Hoxe todas aquelas persoas estreitamente ligadas ao mar celebramos o día da nosa patroa, a Virxe do Carme. Desde o GALP Golfo Ártabro Sur queremos felicitar nesta xornada a todas e a todos os que viven do mar, así como aquelas e aqueles que estean vinculados a el dalgún xeito. Desde os marinos e mariñeiros, ata os que navegan no seu tempo de lecer, pasando polas redeiras, pescadeiros ou mariscadores, entre moitos outros.

Neste día agradecemos o traballo destas persoas, un labor no que algunhas delas arriscan ás súas vidas para proporcionar a toda a poboación os froitos do mar que conseguen con moitas de horas e días no mar. 

Moitas grazas polo voso traballo e que a Virxe do Carme vos acompañe nos vosos labores e travesías para chegar a bo porto! 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024