A Ruta dos Faros, unha forma de coñecer a costa galega desde o mar


·        Os GALP son os impulsores deste proxecto de cooperación que permite coñecer o territorio a través de diferentes actividades vencelladas aos profesionais do mar.
A Ruta dos Faros constitúe un fermoso itinerario pola costa galega que se pode percorrer a pé, en moto, en caravana, en coche ou incluso en barco. Esta iniciativa impulsada polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, ten como obxectivo dar a coñecer o territorio galego vinculándoo co mar a través das persoas que traballan nel.

O proxecto de cooperación ofrece un turismo mariñeiro de calidade a través de diferentes actividades como a Travesía Náutica Xacobea, peregrinación a Santiago por mar. Unha forma de ver a costa desde a outra perspectiva, combinando a navegación e a ruta terrestre. Dentro do itinerario, as persoas interesadas poden escoller entre a ruta norte -desde Ribadeo a Portosín ou Boiro-Cabo de Cruz- e a ruta do sur -de Baion ou Vigo a Boiro-Cabo de Cruz ou Portosín-. Unha experiencia única coa que se pode obter a Certificación de Peregrinación Náutica.

Outro dos encantos desta ruta é a posibilidade de realizar actividades ligadas ao mundo do mar co selo de calidade MarGalaica. Entre elas figuran actividades coas redeiras, pescadores, mariscadoras, conserveiras e outros moitos profesionais do mar. Unha forma de impulsar e dar a coñecer o valor e o traballo dos oficios do mar a través do turismo de calidade.

Ademais destas accións, na ruta tamén se pode gozar da mellor gastronomía local. Os restaurantes que participan constan do selo gastronómico Km 0 Margalaica, que indica que os seus pratos están elaborados con filosofía km.0, o que quere dicir que empregan produtos da pesca costeira e do marisqueo dos portos e lonxas máis próximos. Isto aumenta a calidade e a frescura do produto e reduce a pegada de carbono.

Este proxecto, que comezou a súa andanza no 2016, conta cun investimento de 208.050 € dos GALP.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024