"Morada Atlántica" pon en valor o patrimonio mariñeiro a través da gastronomía e os museos


·        Unha mostra e 20 restaurantes pertencentes ao territorio GALP Golfo Ártabro Sur forman parte desta orixinal iniciativa.


Sada, 7 de agosto. O proxecto de cooperación ‘Morada Atlántica’ impulsa o patrimonio mariñeiro a través do selo Cocina Atlántica e espazos museísticos adicados ao mar. O proxecto deseñado polos GALP Costa Sostible e Costa da Morte para o desenvolvemento sustentable das Zonas de Pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nace ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). 

Este proxecto de cooperación pretende poñer en valor a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro do territorios atlánticos, empregando como fío condutor a gastronomía. Deste xeito búscase crear un turismo mariñeiro de calidade, promover o desenvolvemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e poñer en valor o patrimonio etnográfico, cultural, paisaxístico e ambiental. Con isto tamén se conseguirá estreitar lazos entre as diferentes poboacións dos municipios integrados nos GALP mencionados e os da entidade colaboradora do proxecto: o Grupo de Açao Costeira da Regiao de Aveiro, en Portugal.

Para conseguir todo iso creouse a Red de Espacios Museísticos Atlánticos (REMA), a primeira especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira, á que pertencen os espazos interesados en difundir este tipo de contido a turistas, escolares, investigadores e público en xeral. Esta rede inclúe un total de 16 museos dentro dos que se atopa o da Torre de Hércules -pertencente ao terreo do GALP Golfo Ártabro Sur-. Podes coñecer os espazos que pertencen ao proxecto na seguinte ligazón https://bit.ly/31bNBwO. Actualmente, a red REMA ten en marcha a exposición itinerante “O océano que nos une”, que amosa a través de 10 paneis os elementos máis significativos dos espazos conectados ao mar.

No tocante ao ámbito gastronómico, o proxecto Morada Atlántica ten moito que aportar. E é que a través del se creou o selo Cocina Atlántica, que outorga un distintivo de calidade aos restaurantes que elaboran os seus pratos con produtos autóctonos dos territorios atlánticos. No territorio do GALP Golfo Ártabro Sur os visitantes poden atopar 20 restaurantes co selo de Cocina Atlántica. Coñece os locais que forman parte da marca neste link https://bit.ly/2ZsnKQX.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024