Sada acollerá mañá unha xornada sobre os plásticos mariños organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur






·        Diferentes organismos e empresas abordarán a problemática dos residuos que se atopan no mar e sobre como estes poden ser reempregados.
        ·        Na inauguración do evento estarán o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, o alcalde do Concello de Sada, un representante da Consellería do Mar e o xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Sada, 29 de agosto. Mañá, venres 30 de agosto, terá lugar a xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur. Nela abordaranse os coñecementos e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños e como estes residuos poden constituír unha oportunidade para o emprendemento ao darlles unha segunda vida. O acto terá lugar de 10:00 a 14:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada.

O evento conta coa colaboración do Concello de Sada e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a el asistirán poñentes de diferentes organismos e empresas relacionadas co mar e expertas na temática.

Na inauguración do evento estarán o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro García; o alcalde do Concello de Sada, Óscar Benito Portela; a Xunta de Galicia a través dun representante da Consellería do Mar; e o xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Jorge M. Blanco Ballón.

A xornada estará dividida en tres bloques. O primeiro será o de “Coñecemento e retos para a reducción e eliminación dos plásticos mariños”, que contará coas intervencións de Luis Gómez de CETMAR coas iniciativas ML-Style e CleanAtlantic (10:15h-10:35h) e Garbine Ayensa de INTECMAR co proxecto CleanAtlantic (10:35h-10:55h).

Na mesa de experiencias, o segundo bloque, intervirán Xosé Manuel Barros de Mar de Fábula (11:00h-11:20h), Rubén Lucas Ayuso de Nauga (11:20h-11:40h) e Samuel Fernández de Trelles, Auga Sin Huella (11:40h-12:00h).

O último bloque será o de “residuos e plásticos mariños como unha oportunidade para o emprendemento” no que se proxectará o vídeo promocional do GALP Golfo Ártabro Sur (12:25h-12:35h). Á súa vez contararase coa presenza de MºJesús Veiga e Rosa Isabel Rodríguez das Redeiras de Corme, Illa da Estrela (12:35h-12:55h); Sara Güemes da ONG SEO/BirdLife con Ecoembes presentará o proxecto Libera (12:55h-13:15h); e Rosa Chavarri de Ecoembes e Ecoalf co proxecto Upcycling The Oceans (13:15h-13:35h). Ás 13:40 horas clausurarase o evento.    

Con estas xornadas, o GALP Golfo Ártabro Sur mantén o seu compromiso medioambiental e busca promover o coidado do mar e, en xeral, do medio ambiente entre os asistentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio