A Coruña acollerá en setembro a sexta edición do Festival Mar de Mares




·        O evento pretende concienciar sobre a importancia de coidar os océanos e contribuír á divulgación científica.
·        O GALP Golfo Ártabro Sur financia este festival que converte durante catro días á cidade da Coruña en capital mundial dos océanos.
Estades preparados para unha nova edición de Mar de Mares? Este festival, que se celebra do 18 ao 22 de setembro na Coruña, ten como obxectivo concienciar sobre a defensa dos océanos e contribuír á divulgación científica.

Para conseguilo realizaranse ao longo deses días exposicións, concertos, encontros, monólogos científicos e proxeccións relacionadas co ámbito mariño, entre outras moitas actividades para persoas de todas as idades que queiran descubrir todo sobre o mar. Cabe destacar o australiano Ocean Film Festival, que estará por primeira vez en España enmarcado dentro de Mar de Mares.

O festival, que xa vai pola súa sexta edición, acolleu ao longo das últimas máis de 90.000 amantes do mar, que puideron gozar de centos de actividades gratuítas destinadas a toda a familia. 

Descobre o calendario de actividades deste evento financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur na seguinte ligazón https://bit.ly/2MJpZwu.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio