CleanAtlantic, a iniciativa que busca protexer o Espazo Atlántico do lixo mariño




Garbine Ayensa, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, INTECMAR, e Luis Gómez do Centro Tecnológico del Mar, CETMAR, presentaron na xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur o proxecto CleanAtlantic.

Esta iniciativa pretende protexer a biodiversidade e os ecosistemas mellorando a capacidade de prevención, monitorización e eliminación do lixo mariño que se atopa no Espazo Atlántico. Á súa vez, busca  concienciar aos sectores que están implicados e mellorar o sistema de xestión deste tipo de residuos.

A iniciativa inclúe estudos que permitirían establecer cales son as orixes dos residuos mariños e por onde se moven, elaborando mapas que permitan coñecer onde se localizan os puntos de acumulacións de lixo. O sector pesqueiro ten un papel importante, xa que o programa tamén pretende deseñar iniciativas de pesca de residuos e reducir os aparellos de pesca que rematan no fondo do mar, entre outras medidas.

Os relatorios de Ayensa e Gómez conformaron o bloque “Coñecemento e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños” da xornada do Golfo Ártabro Sur sobre o plástico mariño celebrada no concello de Sada.


Podes obter toda a información do proxecto CleanAtlantic na seguinte ligazón http://www.cleanatlantic.eu/es/project/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024