O Clube de Regatas Salgado-Perillo comeza o novo curso



O Club Regatas Salgado-Perillo comeza o novo curso o vindeiro 7 de setembro coas clases de remo para maiores de 15 anos, que terán lugar en Santa Cristina. O obxectivo destas é captar remeiros e remeiras para o equipo e seguir a Tradición Ártabra.

Este curso durará ata o 5 de outubro e terá lugar os martes e xoves de 19:30 h a 21:30 h e os sábados de 10:30 h a 12:30 h. As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude ao mail crperillo@yahoo.es.

Tamén te podes unir ao club enchendo o formulario que se atopa na seguinte ligazón https://bit.ly/2m1pbac, onde poderás atopar toda a información que precises sobre o equipo. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024