O Golfo Ártabro Sur analizará en outubro a súa xestión e o cumprimento da EDLP


·         A través dunha avaliación intermedia, analizarase a evolución e o cumprimento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para corrixir posibles deficiencias.
·         Na análise intervirán órganos sociais e órganos de participación.
Para o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur é de vital importancia coñecer a evolución e o cumprimento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Para iso dispón dun plan de seguimento e avaliación que se divide en tres fases: inicial, avaliación intermedia e final. En outubro terá lugar a avaliación intermedia, na que se tomarán as medidas necesarias par adaptar o programa a cada un dos lugares que conforman o territorio do GALP. Isto ben dado despois da primeira fase na que xa se deseñou a estratexia a seguir a través da análise do territorio.
O proceso de avaliación intermedia constitúe un periodo vital para realizar medidas correctoras que adecúen a estratexia a seguir nas diferentes zonas do territorio costeiro. Nesta avaliación analizaranse os parámetros económicos e financeiros, que inclúen o grao de execución financeira, a eficacia e eficiencia e a distribución do gasto, entre outros. Á súa vez, tamén se porá atención nas realizacións físicas do programa, apartado no que se estudarán a tipoloxía de iniciativas postas en marcha no territorio e a súa utilidade. Por outra banda, analizaranse os procesos, vendo como evoluciona a execución e a implementación do programa de axudas, o traballo de xestión do GALP e as accións de animación. 
Neste proceso de avaliación intervirán órganos sociais e órganos de participación: mesas electorais, xunta directiva, foro e asemblea. As mesas electorais realizarán un diagnóstico do estado da situación e recomendacións, que serán elevados á Xunta Directiva. Esta recompilará todos estes datos que enviará ao Foro, momento de apertura ao conxunto dos axentes sociais do territorio. A Asemblea, na que participan todos os socios do GALP, porá o punto final a este proceso coa valoración de todos os resultados e a aprobación dos diferentes cambios que considere necesarios.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio