O GALP Golfo Ártabro Sur visita La Palma nunha viaxe de estudo do sector pesqueiro e acuícola da illa





·         Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur están a realizar unha visita-estudo do territorio para coñecer a realidade da zona, os proxectos que se están a levar a cabo no ámbito do mar e establecer novas sinerxías.


Sada, 23 de outubro.- Coñecer a realidade do sector pesqueiro e acuícola do territorio, os proxectos que se desenvolven na zona, así como establecer sinerxías, son os motivos polos que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur se atopa de viaxe-estudo na illa da Palma. O GALP visitou e visitará diversas entidades ao longo da súa viaxe. Entre os encontros atópase a reunión do presidente, Alberto Castro García, o secretario, José Garrote Martín, e o xerente do GALP, Federico López Viñas, co presidente do Cabildo Insular de La Palma, Mariano Hernández.  

Na xuntanza puideron falar dos proxectos e iniciativas que se están a levar a cabo no marco do Desenvolvemento Local do Sector Pesqueiro. Neste evento tamén estiveron presentes a concelleira de Promoción Económica do Concello de Arteixo, Patricia Amado Varela, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez.

Nesta viaxe os representantes do GALP están a coñecer iniciativas e experiencias vencelladas ao turismo pesqueiro e acuícola, a comercialización de produtos do mar e ao impulso do patrimonio material e inmaterial do mar.

Desde a súa chegada á illa, os representantes do GALP encontráronse con membros do GALP ADER La Palma, da Axencia Insular do Mar, das Confrarías de Pescadores Nuestra Señora de Las Nieves e Nuestra Señora del Carmen, da Fundación Reserva de la Biosfera de La Palma, e da Reserva Marina de La Palma

O xerente do GALP explicou que “esta viaxe á Palma serviranos para coñecer os proxectos que se están a desenvolver neste territorio, para estudar a posibilidade de implementar iniciativas exitosas no territorio do noso GALP e establecer novos contactos e colaboracións”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024