O Golfo Ártabro Sur presentou onte o seu roteiro teatral “Son do mar” e o inicio da súa avaliación intermedia



·        Representantes de Alentía Teatro e do GALP presentaron o roteiro teatral que narrará, a través da interpretación de máis de 70 actores e actrices, a historia dos antepasados de Sada e o seu labor no mundo do mar. O evento terá lugar o domingo 27 de outubro.
·        Esta mañá tamén se presentou o inicio da avaliación intermedia, procedemento a través do que o GALP coñecerá os erros e acertos da súa estratexia no territorio, perfeccionando a súa folla de ruta.

Sada, 17 de outubro. - O Grupo de Acción Local do Sector  Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur presentou onte pola mañá na súa sede o roteiro teatral “Son  do mar” -que terá lugar na mañá do domingo 27 de outubro no concello de Sada- e o inicio da súa avaliación intermedia. Esta última constitúe un período vital para o GALP, que coñecerá os erros e acertos da súa estratexia no seu ámbito territorial, a partir dos que elaborará as medidas a seguir para conseguir que a área siga progresando. 

O presidente e o secretario do Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro García e José  Garrote Martín, así como o director de Alentía Teatro, Afonso García Penas, presentaron esta mañá o primeiro roteiro teatral no porto e os núcleos mariñeiros do  concello de Sada. A actividade estará interpretada por máis de 70 actores e actrices de Sada e do resto de Galicia, e constará de 12 escenas teatrais centradas nos anos 40 e 50. Ao longo do percorrido narrarase o pasado e o presente das persoas maiores e o seu labor no mundo do mar. O roteiro levarase a cabo na mañá do 27 de outubro, tendo o seu comezo ás 11:00 horas na Praza de San Roque. A Tenencia, a praia ou o paseo marítimo serán algúns dos escenarios destas interpretacións, que terán o seu final no porto.

A actividade estará protagonizada por persoas de todas as idades, desde os 5 a os 90 anos. Nela participarán homes e mulleres do mar, alumnado de centros educativos de Sada, asociacións culturais do  Concello e todas aquelas persoas que se animen a participar neste divertido evento. A acción organizada polo Golfo Ártabro Sur ten como obxectivo impulsar e dar a coñecer a cultura mariñeira a través dun roteiro que narra a historia de Sada.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enviando un correo electrónico a galpgolfoartabrosur@gmail.com ou chamando ao 881 896 417.

A estratexia do GALP sometida a exame

O proceso de avaliación intermedia é un período vital para realizar medidas correctoras que adecúen a estratexia a seguir nas diferentes zonas do territorio do GALP. Este iniciarase mañá.

Nesta avaliación analizaranse os parámetros económicos e financeiros, que inclúen o grao de execución financeira, a eficacia e eficiencia e a distribución do gasto, entre outros. Á súa vez, tamén se poñerá atención nas realizacións físicas do programa, apartado no que se estudarán a tipoloxía de iniciativas postas en marcha no territorio e a súa utilidade. Por outra banda, analizaranse os procesos, vendo como evoluciona a execución e a implementación do programa de axudas e o traballo de xestión do GALP.

Con isto preténdese coñecer os erros e acertos da estratexia que se está levando a cabo, para adaptala e mellorala, elaborando unha folla de ruta que consiga o desexado progreso do territorio


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio