A.C.M Os Patexeiros está a levar a cabo o VII Curso de Carpintaría de Ribeira



·             O GALP facilitou material docente.
·         A actividade ofrece coñecementos de preparación de ferramentas e nocións básicas de construción naval, entre outras cousas.



A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros está a levar a cabo o VII Curso de Carpintaría de Ribeira na carpintaría Lorbé, sita no porto que recibe o mesmo nome, no concello de Oleiros. A actividade ofrece coñecementos en materia de preparación e afiado de ferramentas, nocións básicas de construción naval e mantemento das embarcacións tradicionais -botar táboas da cuberta, botar táboas de forro, sorraina, regala, reparar a fogonadura ou calafateo-.

Os traballos deste proxecto, que ten lugar os sábados pola mañá, estanse a realizar na embarcación Nordesía, adquirida pola A.C.M Os Patexeiros. As clases rematarán o vindeiro 30 de novembro.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur facilitou material docente. Deste xeito, o GALP aporta o seu gran de area nun curso que continúa coa tradición mariñeira.



Comentarios

  1. 16,000+ Woodworking Plans & Projects
    https://goo.gl/gdxD7P

    Arbor Projects ,
    Adirondack Chairs ,
    Artwork Display ,
    Bathroom Unit ,
    Box Designs ,
    Billiard/Pool Table ,
    Barn Plans ,
    Bed Plans ,
    Bedside Cabinets ,
    Bee Hive Plans ,
    Bench Projects ,
    Bird Feeders ,
    Birdhouse Plans ,
    Boat Plans ,
    Book Case Plans ,
    Baby Changing Table ,
    Coat Rack ,
    Cabin Plans ,
    Cabinet Plans ,
    Carport Plans ,
    Cart Plans ,
    Cat House Plans ,
    CD/DVD Holder ,
    Cellar Projects ,
    Chair Plans ,
    Chest Designs ,
    Chicken Houses
    Childrens Room Plans ,
    Clock Plans ,
    Coasters ,
    Coffee Table Designs ,
    Cold Frame Plans ,
    Compost Bin ,
    Computer Desk ,
    Containers ,
    Cradle Projects ,
    Small Crafts ,
    Cutting Board ,
    Deck Plans ..
    Hope it will help you next time !

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024