Máis talleres de reparación de embarcacións e aparellos en Cadenote Yatch, que está a realizar unha reforma nas súas instalacións



·         A empresa náutica levará a cabo a súa iniciativa de reacondicionamento do seu local a través das axudas ao abeiro da EDLP do GALP.

A empresa náutica Cadenote Yatch S.L. está a levar a cabo a reforma das súas instalacións para que se poidan impartir cursos de formación específica para o coidado e reparación de aparellos e de embarcacións. Con isto búscase profesionalizar ás persoas que asistan á formación en materia náutica mellorando os servizos no sector. A súa iniciativa, que se está levando a cabo por un importe de 65.582 €, do cal 27.100 € son suvencionados dentro das axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Estas contan co financiamiento do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Consellería do Mar.

Os talleres tratarán sobre reparación de aparellos e de barcos, laminados, pintado de obra morta, tratamentos antiósmosis e antifouling para obra viva. A empresa na que se levará a cabo o proxecto, dedícase á venda de material náutico, barcos, realización de diversos talleres de reparación, mantemento ou fabricación de jarcias, entre outras.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024