Mellorouse a comercialización do peixe de baixura gracias ao GALP Golfo Ártabro Sur


O patrón do Maradán diversificou, mellorou e modernizou os seus procesos de distribución e venda de peixes e marisco da zona grazas a unha das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Para conseguilo a empresa está presente na rede a través da creación da súa propia páxina web e das redes sociais, achegándose a unha maior cantidade de persoas. Tamén se introduciron melloras na loxística: compra dunha furgoneta con cabina isotérmica que permite transportar os produtos nas mellores condicións posibles, para que non perdan a súa calidade e frescura.
Deste xeito mellorouse a calidade final do produto para a súa venta, achegándose dunha forma máis próxima ao consumidor e posibilitando a venta directa á hostalaría. Ademais con este proxecto manteranse 4 postos de traballo, sen esquecer os beneficios que aporta para o medio ambiente, reducindo a pegada de carbono.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio