O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está en continuo movemento


O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está en continuo movemento e isto e algo que se pode ver coas iniciativas que nos achegan dende o Concello de Sada. 

O Concello de Sada está a por en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra a Fame  o programa "Vives Emprega Sada", para mellorar a empregabilidade e a volta ao mercado laboral de persoas en situación de desemprego. 

O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso a un posto de traballo a persoas en risco de exclusión a través de traballo en equipo e persoal para potenciar as súas competencias profesionais.

Vives Emprega Sada está destinado a: mozos e mozas desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, con fillos e fillas a cargo, con discapacidade, migrantes, etc.

Quen pode participar?
Este proxecto é para ti si eres unha persoa …
  • En situación de desemprego e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Se es veciño/a de Sada.
  • Queres comprometerte para atopar un emprego.
  • Tes interese en coñecerte e descubrir o teu potencial.
  • Si che gusta traballar en equipo.
  • Tes dispoñibilidade de alomenos dúas mañás á semana.
  • Tes entre 18 e 60 anos de idade.

Cómo funciona?
Cada Vives Emprega dura cinco meses (febreiro-xuño). Nese tempo, contarás co apoio e reforzo dun profesional que te axudará a mellorar nas túas competencias laborais mediante:
  • Sesións grupais (con dinámicas de grupo e formación). Estas sesións suman 8 horas   semanais.
  • Unha sesión persoalizada ao mes donde traballar nos teus obxectivos profesionais e cómo acadalos.
  • Asistencia a eventos profesionais e foros de emprego que che permitirán aumentar rede de contactos.
  • Participar en obradoiros e encontros con empresas reais que te achegarán ao mercado laboral.

Como me podo apuntar?
  • Visitando a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, na terceira planta do edificio do Concello.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024