A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aproba o Plan de Difusión 2020





A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aprobou o Plan de Difusión 2020 que consta de 10 accións cuxo principal obxectivo é dar a coñecer o GALP Golfo Ártabro Sur, o seu programa de axudas e a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) á poboación do territorio, as accións propostas para esta anualidade son as seguintes: 

·         Na procura dunha mellora da comunicación interna e externa, contratarase un gabinete de prensa para realizar una comunicación máis áxil, integrada e accesible para todos os públicos, adecuaranse ademais ás novas tecnoloxías para poder chegar a cada recuncho do noso territorio e a todos os niveis, ate aos mais novos emprendedores.


·         Para conseguir unha maior representación da muller no sector pesqueiro continuarase promovendo a asociación de mulleres do mar MULLER MAR (AMUMAR), xunto á que se coordinarán unha serie de actividades dirixidas a colexios e institutos orientadas a que os alumnos e alumnas coñezan o importante traballo que estas mulleres realizan e animalos a seguir os seus pasos, para conseguir o tan ansiado relevo xeracional.
·         Na búsqueda de seguir traballando pola inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional continuarase con proxectos inclusivos, de economía azul, de cooperación e integración. Para isto, realizaranse unhas xornadas e actividades nas que persoas e entidades deste colectivo poidan coñecer o mundo do mar, a importancia do sector marítimo no territorio e abrir unha porta para poder formar e acoller no sector a persoas con diversidade funcional.
·         Viaxes de estudo, pois son de vital importancia xa que deles obtivéronse multitude de ideas para novos proxectos, conseguindo poder ver as oportunidades que nos ofrece o noso territorio que aínda non se tiveron en conta e que, pola contra, noutros territorios están proporcionando actividades que produce un crecemento local considerable.
·         Durante o 2019, levouse a cabo un traballo moi importante dende o GALP Golfo Ártabro Sur para inmortalizar e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial do noso territorio. Para isto, realizouse un roteiro interpretado que foi todo un éxito, pois logrouse xuntar e facer traballar en común a xente de todas as idades, dende os 3 anos ata os 90, algo moi valioso pola creación de vínculos que supón, a transmisión de coñecementos, anécdotas, valores, tradición, cultura e ensinanzas. O que leva a volver a realizar a actividade, renovada e mais activa se cabe.
·         Ademais do anteriormente descrito, realizaranse actividades para a valorización do medio mariño, tanto de forma medioambiental, traballando coa asociación Mar de Fábula no V Encontro Internacional de Crebeiros, buscando unha oportunidade para o medio mariño, limpando e concienciando do lixo mariño; como de forma social e cultural, traballando con asociacións como Patexeiros na súa loita pola preservación do patrimonio mariñeiro, dos oficios como carpinteiro de ribeira e das embarcacións tradicionais.
·         Outra das liñas que se van a traballar será a relación coa Reserva da Biosfera e os centros de investigación relacionados co mundo do mar como son Instituto Español de Oceanografía e Campus do Mar da Coruña, a través de actividades divulgativas dos traballos que estas realizan. Conmemorando o Día dos Océanos e traballando para que se coñezan e valoren o mar e os seus produtos.
·         Tamén se busca promover, a través do I+D+i, novas actividades empresariais relacionas co desenvolvemento azul e a cooperación intersectorial que poidan proporcionar novos proxectos, resaltando o nexo de unión que hai entre a innovación e a saúde. Para isto, búscase traer ao territorio todos aqueles promotores de proxectos innovadores do resto dos GALP españois e da UE para ensinar de primeira man que o mundo do mar está vivo e cheo de oportunidades. Con isto, os potenciais promotores poderán preguntar todas e cada unha das dúbidas ou inquietudes e ver como poder enfocar o seu proxecto para alcanzar o éxito.
·         Ademais, dende o GALP Golfo Ártabro Sur vese importante a tarefa de dar a coñecer os cambios realizados na estratexia (EDLP), para que novos emprendedores tomen o GALP como nexo de referencia para poder comezar cos seus proxectos. E poidan impulsar as súas ideas dando ao mundo do mar unha oportunidade e avivando o desenrolo das zonas costeiras. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024