Máis de 1.600.000 euros concedidos en axudas entre 2017 e 2019 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur




O GALP Golfo Ártabro Sur celebra este venres, 14 de febreiro, a súa Avaliación Intermedia para coñecer o alcance da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e informar sobre como presentar os proxectos e da documentación de cara á vindeira convocatoria

Este venres, 14 de febreiro, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur celebrará a súa Avaliación Interna, cuxo obxectivo é o de realizar unha análise de tódalas accións levadas a cabo ata a metade do período de execución para, deste xeito, coñecer o alcance da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e do seu programa de axudas.
A partires desta información procúrase comprender as problemáticas e logros acadados e , así, establecer as medidas necesarias que contribúan a potenciar o seu impacto positivo no territorio e continuar o curso de acción para o resto da execución da EDLP.
O GALP Golfo Ártabro Sur, chega a esta data con uns resultados do 74% do orzamento destinado a xudas, máis de 11 novos empregos vencellados ao sector, ata 32 postos de traballo consolidados, 17 novas empresas ao abeiro do programa de axudas, 3 proxectos adicados á redución da pegada de carbono ou ata 8 accións e actividades de animación e dinamización do GALP e máis de 100 persoas beneficiarias.
Na cita, que terá lugar no salón de actos de La Fábrica (Perillo) entre as 19:00 ata as 20:00 horas, tamén se fará unha presentación coa finalidade de informar sobre como presentar os proxectos e a documentación para a convocatoria de 2020, así como responder a todas as dúbidas que xurdan aos promotores e demais asistentes.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ártabro Sur é unha asociación sen ánimo de lucro que busca fomentar o crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas na marco da pesca e respecto a outros sectores da economía marítima. Elaborou unha Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola consellería do Mar.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024