O GALP Golfo Ártabro Sur presentouse en FITUR como destino sostible dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”





O GALP Golfo Ártabro Sur presentouse en FITUR (Feira Internacional de Turismo) como destino sostible dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Dita presentación foi levada a cabo por José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, e tratou sobre o turismo mariñeiro e o patrimonio costeiro vinculado ao territorio.

O destino “Mariñas Coruñesas”, declarado como Reserva de Biosfera pola UNESCO no ano 2013, é o claro exemplo de como apoiando ao sector agroalimentario se pode implicar á comunidade local e ao sector turístico, e como o produto local pode ser un elemento clave de desenvolvemento socioeconómico sostible. Por iso, dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estase dando a coñecer o xeodestino en FITUR, para realzar todo o potencial da zona. Ademais estanse a realizar proxectos para fomentar o turismo mariñeiro e sostible como, por exemplo, o programa EMPREAMAR, un programa formativo que busca xerar riqueza nas áreas costeiras fomentando a posta en marcha de negocios sostibles e rentables.

Como comentaba José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, na presentación “é fundamental a revalorización e impulso da actividade pesqueira e marisqueira local como atractivo turístico, permitindo ademais o mantemento da frota artesanal e a continuación das capturas dentro dos parámetros de selectividade, variedade e sustentabilidade que ata o de agora se mantiveron. Todo iso, constitúe unha ferramenta indispensable a conservar e consentir para desenvolver un produto de ecoturismo de calidade. Posicionar  o noso destino de “Mariñas Coruñesas” no ámbito do turismo mariñeiro é fundamental, xunto ao agroturismo de interior, e todo iso, baixo o paraugas dun modelo de Ecoturismo para o territorio, sendo o primeiro Destino de Ecoturismo de Galicia certificado no Club de Ecoturismo de España.”

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio