COMUNICADO A PROMOTORES



Medidas para garantir servicios do GALP Golfo Ártabro Sur

Fronte á situación actual provocada polo brote do novo Coronavirus (Covid-19),  informamos que desde o GALP Golfo Ártabro Sur imprementamos o protocolo de teletraballo para o noso equipo técnico, cos obxectivos de:
-          Facer todo o posible para garantir a saúde dos nosos empregados.
-          Asegurar en todo o que sexa posible o soporte aos nosos promotores.
-          Cumprir coas medidas de prevención de contaxios que nos indiquen as autoridades.
Respecto ao traballo ordinario e ás actividades desenvolvidas polo grupo, seguimos as recomendacións indicadas no comunicado da dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro aos GALP:
-          Limitar a atención directa aos promotores e beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP e público en xeral, procurando que esta atención se leve a cabo vía telefónica ou por correo electrónico.
-          En relación aos proxectos en execución dos promotores da convocatoria actual, as alteracións que poidan sufrir os mesmos polas medidas adoptadas, serán analizadas, caso por caso, pola Dirección Xeral e, de non ser posible o cumprimento dos prazos legalmente establecidos, valorarase a súa posibilidade de prórroga, previa solicitude do obrigado ao seu cumprimento con anterioridade ao vencemento do prazo que se trate. Cando a prórroga non implique un reaxuste das anualidades, esta quedará condicionada á existencia de crédito dispoñible na convocatoria.
-          Comunícase que os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos están suspendidos e que se reanudarán no momento en que perda vixencia do Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ou as prórrogas do mesmo. En particular lémbrase que se suspenden os prazos contemplados no procedemento de solicitudes de axudas ao abeiro da convocatoria 2020 da Orde do 21 de decembro de 2018.
-          Agradécese aos promotores que envíen a documentación requirida que teñan no seu poder ata agora para poder ir tramitando os expedientes para axilizar o proceso cando o estado de alarma finalice.
Recordade que, mentres dure esta situación de estado de alarma decretado polo presidente do goberno ante a crisis do Coronavirus, lamentablemente, non poderedes desprazarvos ata as nosas oficinas e solo vos podemos atender nas nosas canles:
·         Teléfono: 881.896.417
·         Whatsapp: 617.867.820
·         E-mails habituais: galpgolfoartabrosur@gmail.com o galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal 
·         Redes sociais
Polo anteriormente mencionado, esperamos que esteades o tranquilos que permite esta situación descoñecida para todos e que sigades todas as recomendacións das autoridades para que isto remate o antes posible e todos poidamos voltar á normalidade.
No seguinte enlace podedes ver o comunicado emitido pola Consellería:
Nós, estaremos pendentes de todas las medidas que se aproben en todos los ámbitos para informarvos da mellor forma posible.
Gracias pola vosa colaboración e confianza.
Un cordial saúdo
Alberto L. Castro García
Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio