Un proxecto do GALP Golfo Ártabro Sur, foi elixido candidato a boas prácticas emprendedoras e en igualdade de xénero no sector pesqueiro.



 Este proxecto, do que non podemos desvelar moita información aínda, é moi importante para a integración da muller no sector pesqueiro.
O proxecto, nace grazas a unha muller emprendedora, capaz e vital, que ve oportunidades onde outros non, e transfórmaas en realidade mediante o seu esforzo e dedicación. Esta muller vinculada dende a súa infancia ao mundo do mar, ten vocación tan arraigada ao sector pesqueiro que a levou a consideralo, non só o seu traballo, senón a súa forma de vida, creando un proxecto innovador, que busca axudar aos demais e que con el busca dar un xiro á industria amosando a todos que outras formas de traballo son posibles.
Ela trouxo algo revolucionario e innovador á venda de peixe en Galicia, baixo as premisas de peixe de proximidade, coa máxima calidade e frescura. Isto axuda a que todos teñamos as mesmas oportunidades para poder desfrutar dos produtos cos que o sector pesqueiro nos pode deleitar, e tamén cambiar a perspectiva dos mais pequenos, facendo que estes vexan o consumo de peixe fácil de divertido.
Parécevos un proxecto interesante do que esperades saber mais?
Permanede atentos/as! Moi pronto teremos mais novas…

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio