No GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar en adaptar todas as actividades previstas á nova realidade



Como nas anualidades anteriores, no GALP Golfo Ártabro Sur tiñamos planeado para o 2020 varias actividades de difusión, para dar a coñecer a nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) en todo o territorio.
Neste momento consideramos que, para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras vinculadas directa ou indirectamente ao  GALP Golfo Ártabro Sur, así como a de todas as persoas que quixeran participar nas actividades desenroladas polo mesmo, non é momento para realizar actividades presenciais nas que participasen grandes aglomeracións de persoas, xa que buscamos contribuír a que a situación do COVID19 se poida erradicar o antes posible.
Por todo isto, estamos a traballar na adecuación de todas as actividades de difusión da estratexia á nova realidade, para que poidan realizarse dun xeito 100% seguro para todos e todas e ao mesmo tempo non se estea a perder nin un ápice dos obxectivos para os que foron concibidas.
Así pois, estamos moi contentos/as de poder anunciarvos que, varias das actividades que tiveron boa acollida nas edicións pasadas, volveremos a realizalas este ano, aínda que dun xeito diferente. Iremos informando puntualmente de como se realizarán as actividades no noso blog e nas redes sociais, para que todos os interesados poidades desfrutar de cada unha delas.
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur queremos recordarvos que seguiremos buscando vías para achegar o mundo do mar, o sector pesqueiro e a cultura mariñeira das nosas vilas a todos e todas aquelas que o desexen.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio