O Open Science candidato ao recoñecemento de "boas prácticas” da REGP

Imaxe da Open Science o ano pasado
  • proxecto cofinanciado polo GALP Golfo Ártabro Sur impulsou e puxo en valor o mundo do mar no ámbito científico.  


Open Science Cambre, iniciativa ao abeiro do financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Suré candidato ao recoñecemento de boas prácticas outorgado pola Rede Española de Grupos de Pesca (REGP). 

O club de ciencia do instituto local IES David Buján e o Concello de Cambre, co apoio do GALPforon os organizadores desta feira científica celebrada no mes de setembro do ano pasado. Un evento no que alumnado de diferentes centros e clubs de ciencia puideron amosar os seus proxectos en stands, así como desfrutar das diversas actividades que tiveron lugar ao longo no encontro científico.   

Unir innovación con tradición, promocionar a ciencia entre a cidadanía e achegala á mocidade dunha forma atractiva son algúns dos obxectivos que se acadaron coa realización deste proxectoO Open Science contribuíu a investigación nun dos principais motores da economía de Galicia: o marítimo. O evento contou cun apartado dirixido a este ámbito con actividades, talleres, espectáculos e proxectos de investigación. 

A contorna onde foi celebrada a feira conta cunha elevada implicación co sector pesqueiro. Tanto é así, que un dos premios se orientou ao mar. Tamén se animou aos participantes a enfocar os seus experimentos cara a pesca e outras actividades.  

O futuro dun territorio próspero depende en grande medida de impulsar accións de difusión científica entre a rapazada. A implicación da sociedade neste evento foi total, posto que foron as propias familias do concello as que acolleron aos mozos científicos que veñen doutros lugares de España. A pluralidade e diversidade foron un valor engadido ao evento, chegando a participar nesta ocasión máis de 300 poñentes de 5 países diferentes. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024