O GALP recibiu dúas novas iniciativas na convocatoria de proxectos non produtivos de setembro

  • As actuacións consisten na mellora da infraestrutura da lonxa de Sada e na conservación dunha embarcación tradicional.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur recibiu dous novos proxecto non produtivos na convocatoria de setembro. 

O primeiro deles está promovido polo Concello de Sada e consiste na conservación da embarcación tradicional de patexo bautizada como Balbina.

O segundo pretende mellorar o equipamento da lonxa de Sada a través da colocación dun fabriquín de xeo nas instalacións. Neste caso, a iniciativa está promovida pola Confraría de Pescadores de Sada.

Desde o GALP destacan que seguen a recibir proxectos e a empregar os seus fondos para o desenvolvemento do territorio.   

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio