Proposta provisional Xunta Directiva GALP GOLFO ÁRTABRO SUR proxectos marzo Convocatoria 2021


PROPOSTA XUNTA DIRECTIVA GALP GOLFO ÁRTABRO SUR CONVOCATORIA 2021

Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada hoxe 6 de abril de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”:

CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS E PROXECTOS NON PRODUTIVOS

 

Esta proposta da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Marzo de 2021 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados desde a súa publicación. Unha vez contestadas as alegacións, se as houbera, o GALP Golfo Ártabro Sur, formulará a proposta de resolución definitiva que será publicada da mesma forma e nos mesmos lugares que a resolución provisional.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024