Os participantes en Relevo 2020 coñecen a experiencia emprendedora de After Surf en Oleiros

Ademais da sesións teóricas, os participantes no programa de formación Relevo2020  e futuros emprendedores no sector do mar e da pesca asisten a sesións prácticas nas instalacións de empresas do territorio para coñecer de primeira man a súa experiencia emprendedora.

Este mércores 28 de abril, quinta sesión desde o inicio do programa o 31 de marzo, os alumnos achegáronse ás instalacións de After Surf, en Oleiros.

Este é un complexo turístico e deportivo situado a carón da praia de Bastiagueiro que recibiu axudas do GALP Golfo Ártabro Sur para rehabilitar un edificio emblemático en desuso e convertelo en pensión, restaurante e escola de surf. O negocio conecta hostelería cun deporte vinculado ao mar, e tan de moda, como é o surf, que os usuarios practican nesta zona e en Arteixo.

 Da man dos fundadores e propietarios de After Sur, os alumnos poideron coñecer como xestaron a súa idea empresarial, os trámites administrativos que realizaron ou como os orientaron no GALP Golfo Ártabro Sur.  Non se esqueceron de falarlles de que, unha vez asentados e abertos é preciso establecer unha dinámica  rigurosa e ter unha visión activa para manter o negocio no día a día.


Prazas dispoñibles
Os interesados en participar en Relevo 2020 poden inscribirse contactando a través de email ou teléfono en:

galpgolfoartabrosur@gmail.cominfo@relevo2020.org
881 896 417604 053 257





Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio