Recta final de Relevo2020

Ademais das sesións individuais, os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur participan en visitas experienciais a empresas do sector pesqueiro.



A segunda edición do programa de cooperación Relevo 2020 que deu comezo a finais de marzo, está chegando ao seu fin. Ata xuño, os participantes do programa pertencen ao GALP Golfo Ártabro Sur asisten aos últimos seminarios e ás titorías individuais. No noso territorio, as sesións teñen lugar os mércores en Sada a partir das 10.00h.

Así mesmo, o grupo tamén está participando en diversas visitas a empresas, mantendo encontros con profesionais de diferentes entidades do sector pesqueiro, relacionadas con el ou ben cos proxectos e ideas empresariais do antigo alumnado. En concreto, a semana pasada compartiron experiencias nas súas instalacións cos propietarios de After Sur deOleiros, un complexo hostaleiro subvencionado polo GALP Golfo Ártabro Sur, e co grupo familiar J J Chicolino, de Boiro, dedicados á fabricación de produtos para a acuicultura, a miticultura (cultivo industrial do mexillón) e a pesca como cordas, mallas, cadeas ou áncoras, entre outros. Outra das sesións tivo lugar con responsables da entidade pública Artesanía de Galicia para explorar as posibilidades de aplicación de das técnicas artesás no sector pesqueiro.






En paralelo, a organización de Relevo 2020 tamén se atopa preparando as visitas finais nas que o alumnado de diferentes territorios GALP compartirá unha xornada de convivencia, con todas as medidas de seguridade. Aproveitarán o encontro para coñecer novos proxectos empresariais da man de persoas que seguen a colaborar con esta iniciativa.


Formando aos novos profesionais do mar
Relevo2020 é unha novidosa iniciativa formativa dirixida a mozos de máis de 16 anos a través da que se quixo promover o relevo xeracional no sector pesqueiro. Esta dirixida a persoas que queiran encamiñar o seu futuro profesional no sector do mar ou da pesca e, antes de comezar, ven necesario consolidar ou ampliar a súa formación a través dunha aprendizaxe totalmente personalizada e gratuíta.

Así mesmo, é un dos tres programas de cooperación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) nos que está asociado o GALP Golfo Ártabro Sur, en concreto xunto co GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia - Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024