A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) “visita” o territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

O encontro foi aproveitado para compartir opinións e puntos de vista sobre diversos temas administrativos e relativos á ampliación da estratexia de desenvolvemento local participativo (DLP).

Tamén se presentaron tres proxectos subvencionados en pasadas convocatorias como son o evento Maridar, a empresa de economía circular Recuperamos e varios de eficiencia enerxética na Lonxa da Coruña.




Responsables da  Red Española de Grupos de Pesca (REGP) realizaron a mediados de maio unha visita virtual ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer o seu traballo e varios dos proxectos subvencionados e de cooperación nos que participa (Tanza, Red REMA e Relevo 2020). Neste sentido, desde o GALP manifestaron a satisfacción porque a entidade estatal se interesase pola súa actividade.

 Red Española de Grupos de Pesca (REGP) é a plataforma oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) para a aprendizaxe e interacción entre todos os GALP de España. É unha canle de información, comunicación e difusión das actividades realizadas para contribuír ao desenvolvemento local participativo (DLP). En concreto, depende da Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura.

Durante o encontro, responsables de ambas entidades fixeron un balance sobre o programa FEMP (2016-2020) e os resultados obtidos ata o de agora. En primeiro lugar, comentouse o éxito obtido polo GALP Golfo Ártabro Sur neste período, pois conseguiu obter proxectos para conceder o 100% do orzamento que tiña destinado a tal fin, superando incluso o tope máximo dos 3.000.000 de euros, o que fixo que varios proxectos estean en lista de espera. Tamén falaron sobre o leve impacto da pandemia do covid-19 na súa actividade diaria e no control dos proxectos presentados xa que as visitas presenciais se substituíron por videoconferencias con igual de efectividade. De feito, no GALP Golfo Ártabro Sur na actualidade xa retomou as visitas presenciais, aínda que algunhas reunións seguen a realizarse por vía telemática.

 No que respecta á súa estratexia de desenvolvemento local participativo (DLP), o GALP Golfo Ártabro Sur comentou a posibilidade de ampliar a súas liñas de subvención cara á innovación tecnolóxica e a enxeñería do sector pesqueiro podendo así abranguer novos proxectos que leven á modernización do sector. Así mesmo, en próximas convocatorias tamén se comentou a posibilidade de poder optar nos novos fondos a proxectos de cooperación estatal e internacional para posibles colaboracións con Portugal e así promover os valores da cultura mariñeira no arco atlántico.

 

Presentacións
Na última parte da visita virtual, presentáronse tres proyectos subvencionados a través das convocatorias do GALP Golfo Ártabro Sur:

Maridar, a cargo de Adelina Pérez Barredo, da Federación da Asociación Empresariais das Mariñas. “Maridar: Sabor das Mariñas”, é un evento no que coñecer os produtos da comarca a través de charlas, obradoiros de cociña, actividades infantís, demostracións gastronómicas, entre outras actividades.

Recuperamos. A cargo de Carlos Varela, un dos socios, foi o encargado de presentar esta empresa de nova creación para reciclaxe de plástico e cartón do sector da pesca. Foi subvencionada na convocatoria 2020 do GALP Golfo Ártabro Sur polo seu valor engadido á economía circular.  A súa sede está no municipio de Arteixo.

-   Lonxa da Coruña. O presidente da entidade, Juan Carlos Corral, enumerou os 4 proxectos de eficiencia enerxética para os que o GALP aportou un total de 487.839€ entre 2017-2020. En concreto, con cargo á convocatoria de 2017 cambiaron as 3.718 luminarias da rula e instalaron 3 novos xeradores de xeo. En 2018, modernizaron as instalacións de frío e calor e, ao ano seguinte, realizouse a mellora tecnolóxica nas instalacións mecánicas, todo o circuíto de refrixeración e cambiáronse as 32 portas de acceso para evitar a perda de frío.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024