O proxecto Tanza continúa a súa andaina en 2021 para promover a inclusión social no sector pesqueiro

 

·         Poden participar entidades de diversidade funcional que lles poida interesar levar a cabo proxectos de inserción laboral e medioambiente ligados ao sector do mar.

 

·         Os interesados poden contactar co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur ou no email tanza@tanza.gal.

  


Como xa falamos neste blog, Tanza é un proxecto de inclusión social promovido por 5 Grupos Locais de Acción Costeira (GALP) para establecer sinerxías e incrementar a empregabilidade das persoas con diversidade funcional.

 

Desde a súa posta en marcha, os promotores estableceron contactos e mantiveron encontros con diversas entidades de inclusión social de toda Galicia e, en particular do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, como centros ocupacionais e centros especiais de emprego co obxectivo de darlles a coñecer esta iniciativa e valorar a posibilidade de presentar proxectos de economía circular ás súas convocatorias de axudas.

 

Este minucioso traballo continúa neste novo ano coa mesma ilusión e ganas para cumprir cos obxectivos do proxecto Tanza que non son outros que implicar a toda a veciñanza e a todos os colectivos no respecto e no coidado do mar.

 

Hai que recordar que a través de Tanza se persegue un triplo obxectivo. Por unha banda, o primeiro fin é promover a inclusión laboral coa realización de actividades terapéuticas, ocupacionais ou laborais nos centros e asociacións a través da valorización do lixo ou dos recursos mariños para obter un beneficio social, económico e ambiental. O segundo e o terceiro, fiados co anterior, son fomentar a colaboración coas propias confrarías, como entidades de economía social que son, nun modelo de economía circular e sensibilizar ao sector sobre a problemática do lixo mariño e o aproveitamento sostible dos recursos do mar.

 

Inscrición
Se formas parte, ou coñeces, algunha entidade de diversidade funcional no noso territorio que lle poida interesar  levar a cabo proxectos de inserción laboral e medioambiente ligados ao sector do mar, ponte en contacto co GALP Golfo Ártabro Sur
(galpgolfoartabrosur@gmail.com – 881 896 417 – 604 053 257) ou, directamente, co Proxecto Tanza no email tanza@tanza.gal!

 

Os cinco GALP promotores do Proxecto Tanza son GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Costa da Morte, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia - Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio