Hoxe aprobouse pola Asemblea de Socios do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" a Estratexia de desenvolvemento Local Participativo (EDLP), este documento marcará as pautas a seguir para os vindeiros anos. Baixo lema "vogando hacia noso futuro" o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" conseguíu realizar unha Estratexia na que participaron Confrarías de Pescadores (A Coruña, Mera, Lorbé, Sada ), Asociacións e Fundacións do Sector Pesqueiro, Fundacións, empresas, a universidade, os concellos do ámbito territorial (Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo), Asociacións, Fundacións e clubs (de Mulleres, da diversidade funcional, ambientais, empresariais, culturais, deportivas, etc.), e insticións como a (delegación da Coruña da Conselleria do Mar, Demarcacións de Costas, Capitanía Marítima de Sada), COETICOR, Colexio de Xeografos de Galicia, CEIDA, empresas públicas Edar de Coruñ...