Proxectos financiados polo noso GALP Golfo Ártabro Sur
As axudas que o GALP Golfo Átrabro sur aporta ao abeiro da súa estratexia local de desenvolvemento participativo teñen o obxectivo de facer realidade determinados proxectos financieramente sostibles, para investimento produtivo ou non produtivo. Os últimos exemplos físicos deste plan de subvencións son Pescaderías Sonia e Mariscos Emilio Méndez. Ámbolos dous son proxectos financiados polo GALP a través dos fondos da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Xunta de Galicia. Pescaderías Sonia é unha empresa de venta de peixe e marisco que actualmente se atopa situada no posto 17 do mercado coruñés de Elviña e que, fai pouco, ampliou as sús instalacións adquirindo o posto 18 do mesmo mercado. Ademais, facilitan a compra diaria grazas ao seu sistema de encargos por teléfono, aforrándolle así ao cliente tempos de espera. Solicitaron a achega do GALP co obxectivo da mellora da comercialización do peixe de cercanía a través de Peixerías Innovadoras. Por