Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Nestes intres é máis importante ca nunca aplicar a tecnoloxía nos negocios e vender “experiencias”, para chamar a atención desa persoa que está no salón da súa casa

Imagen
Ángela Barrán, praceira no Mercado de San Agustín, presidenta da asociación “ Muller Mar ” e coñecida no sector por ser unha muller creativa e innovadora. Unha muller todoterreo coa que tivemos o pracer de conversar esta semana en “Queda co noso mar” , para coñecer de primeira man como están vivindo esta situación no mercado e tamén as mulleres do sector. Ademais, Ángela quixo transmitir algúns consellos para poder saír adiante a todas as súas compañeiras e compañeiros. 1.        Como praceira no mercado de San Agustín , como ves a situación actual do sector pesqueiro? E como cres que afectou o COVID-19? Eu penso que o coronavirus tivo unha parte moi positiva para o mercado. Por un lado, moita xente redescubriu as prazas de abastos, sobre todo a xente nova, que vivía ao carón dos mercados pero non os coñecía por dentro. Coas colas que se formaban nos supermercados e nas grandes áreas remataron por vir e atoparse moito máis seguros e descubriron unha relación calidade-prez

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur volvemos a poñer en marcha os trámites administrativos

Imagen
O pasado 20 de marzo comunicabámosvos que, debido ao  Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo polo que se declaraba o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, quedaban suspendidos os prazos. En particular, os contemplados no procedemento de solicitudes de axudas ao abeiro da convocatoria 2020 da Orde do 21 de decembro de 2018. Hoxe comunicámosvos que volvemos a poñer en marcha ditos trámites, NON COMEZAN DE CERO OS PRAZOS, senón que se reanudan onde os deixamos. Deste xeito, poderedes contar os días que vos queden para facer as entregas de documentación, comezando a contar a partir do día 1 de xuño. Agradecemos que non vos despistedes e enviedes a documentación requirida o antes posible para poder ir tramitando os expedientes, axilizar o proceso e que non se vos pasen os prazos de entrega. Se tedes calquera dúbida ou queredes concertar unha cita previe, recordade que podedes contactarnos a través das seguintes canles: -   Teléfono: 881.89

A maioría dos proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur xustificados durante a anualidade 2019 xa están pagados

Imagen
A pesares das complicacións xurdidas nos últimos meses, a actividade do GALP Golfo Ártabro Sur non parou en ningún momento, proba disto, e que a gran maioría dos proxectos   xustificados durante a anualidade 2019, xa están pagados por parte da Consellería do Mar. Dentro dos 12 proxectos que fixeron actividades e foron xustificados no ano 2019, todos foron realizados con grande éxito e xustificados en tempo e forma. O importe total subvencionado finalmente na anualidade 2019 é de 643.761,37 euros, dos cales xa están totalmente pagados 627.452,25 euros, un 97,47% do total. Dende o grupo estamos moi contentos de que os promotores puidesen cobrar sen demoras axudando así a que este importe os axude a sobrelevar a situación vivida pola crise do COVID19. Se tes calquera dúbida sobre o teu proxecto, ponte en contacto con nós a través de calquera das seguintes canles: -    Teléfono: 881 896 417 -    WhatsApp: 617 867 820 -    E-mails habituais:  galpgolfoartabrosur@

GALP Golfo Ártabro Sur financiou a aparición de novas redeiras a través dunha actividade formativa impulsada polo Concello de Sada

Imagen
Na anualidade 2019, o Concello de Sada impulsou un proxecto para a cualificación profesional de redeiras, destinado para persoas desempregadas ou activas que quixesen traballar por conta propia ou allea. Esta proxecto denominado: “Actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade” , esta actividade formativa consistiu en confeccionar e montar artes e aparellos de pesca, así como efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo procedementos tradicionais. Na actualidade, este tipo de oficio é realizado por xente en idades moi avanzadas, polo que estase a producir unha perda e envellecemento da man de obra. Con este proxecto pretendeuse promover un relevo xeracional, formando e profesionalizando a xente nova en situación de desemprego, e conseguindo un sector pesqueiro innovador e igualitario. Neste proxecto principalmente realizáronse labores formativas, que

A situación na lonxa respecto ao coronavirus vivímola con moito respecto, porque tivemos unha actividade (mais ou menos) do 50%

Imagen
Este semana temos en “Queda na casa, queda co noso mar” a José Luis Otero, xerente da lonxa da Coruña, para comentarnos como evolucionou a situación da lonxa durante todo este tempo, dende que comezou o estado de alarma. 1.        Como estades vivindo esta situación na lonxa? Cal foi o nivel de actividade durante o confinamento? A situación na lonxa respecto ao coronavirus vivímola con moito respecto, porque tivemos unha actividade (mais ou menos) do 50%, reduciuse á metade. 2.        Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Como vos está afectando a situación actual? Como está avanzando a situación? Cando empezou o tema do coronavirus afectounos bastante polo tema dos prezos, baixaron moito porque a xente non saía a comprar e, isto, retraeu moito a demanda. A xente está acostumada a ver o pescado, e se non o ve, cóstalle máis comprar. Agora mesmo a xente comeza a saír un pouco máis e van aumentando os compradores. Tamén nos afectou que houbo m

Importante labor de comunicación do GALP Golfo Ártabro Sur durante o confinamento para poñer en coñecemento da poboación información de interese sobre o sector

Imagen
Cando que se decretou o estado de alarma, dende o GALP Golfo Ártabro Sur tomamos conciencia da complicada situación que se estaba a desencadear. Por iso mesmo, puxémonos a traballar dende o primeiro momento para informar de tódalas novas, modificacións, lexislación e medidas de protección necesarias para que o sector do mar traballase coa máxima seguridade. Durante o confinamento, nos primeiros días o consumo de peixe diminuíu considerablemente, xa que as persoas tiñan medo de saír ás rúas, así como de ir aos establecementos a comprar alimentos frescos. Por todo isto, a situación que se estaba a vivir dende o sector era crítica, os prezos estaban baixando, as compras eran mínimas, e a posibilidade de que a frota tivese que amarrar masivamente era crecente. Nas redes sociais do GALP Golfo Ártabro Sur, tódolos días se compartiron as novas de actualidade sobre como ía avanzando a situación, e se puxo á disposición de todos e todas información sobre as axudas que foron saíndo para

Resumo da campaña “Queda na casa, queda co noso mar”

Imagen
Ante a situación de crise que estaba a vivir o sector pesqueiro co comezo do Estado de Alarma, o día 22 de abril, todos os GALP de Galicia tomamos a decisión de mergullarnos nunha campaña para dar visibilidade á gran labor que estivo e está a realizar a xente do mar ante a situación provocada polo Covid-19 e tamén para sensibilizar á poboación sobre a importancia do consumo de peixe. Para todo isto, decidimos que a mellor opción era dar voz ás propias persoas do sector pesqueiro e de todos aqueles sectores relacionados: transformación, restauración, náutica, etc. Porque ninguén mellor ca eles nos podía transmitir que estaba sucedendo no seu día a día, que necesidades tiñan e como se podía axudar para que este pilar para Galicia seguise en pé e sufrise as consecuencias o menos posible. No GALP Golfo Ártabro Sur, puxémonos en contacto con todos os patróns maiores das nosas confrarías, así como coas principais asociacións do sector, empresas transformadoras, praceiras, etc. Ca