Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

A.C.M Os Patexeiros está a levar a cabo o VII Curso de Carpintaría de Ribeira

Imagen
·               O GALP facilitou material docente. ·          A actividade ofrece coñecementos de preparación de ferramentas e nocións básicas de construción naval, entre outras cousas. A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros está a levar a cabo o VII Curso de Carpintaría de Ribeira na carpintaría Lorbé , sita no porto que recibe o mesmo nome, no concello de Oleiros . A actividade ofrece coñecementos en materia de preparación e afiado de ferramentas, nocións básicas de construción naval e mantemento das embarcacións tradicionais -botar táboas da cuberta, botar táboas de forro, sorraina, regala, reparar a fogonadura ou calafateo-. Os traballos deste proxecto, que ten lugar os sábados pola mañá, estanse a realizar na embarcación Nordesía, adquirida pola A.C.M Os Patexeiros. As clases rematarán o vindeiro 30 de novembro. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur facilitou material docente. Deste xeito, o GALP aporta o seu gran

Representantes dos concellos de Cambre, Culleredo, Sada e Bergondo reuníronse para avaliar o traballo do GALP

Imagen
·        Esta semana deron comezo os encontros cos diferentes sectores do  territorio dentro da avaliación intermedia da asociación. ·        O luns 18 haberá un encontro aberto a todo o público, para que as persoas que non coñezan o GALP se informen e aporten as súas ideas. Sada, 13 de novembro do 2019.-  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur comezou esta semana as súas reunións cos diferentes sectores do territorio para avaliar o traballo realizado ata o momento: os puntos fortes e os erros, para poder actuar en consecuencia. Estes encontros realízanse no marco da avaliación intermedia do GALP, coa que se analizará o cumprimento da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) , co obxectivo de reconducir o plan cara un modelo máis eficiente. O primeiro encontro foi o da mesa do sector público , no que participaron o alcalde de Sada , Oscar Benito Portela; a concelleira de Participación Cidadá , Rebeca Mouriño; a

O GALP modernizou e incrementou a capacidade de produción de xeo na lonxa da Coruña

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur levou a cabo diferentes accións de mellora da eficiencia na lonxa da Coruña . Un deles foi a modernización e incremento da capacidade de produción de xeo para atender ás necesidades de abastecemento do porto da Coruña. Esta iniciativa levouse a cabo no 2017 e contou cun orzamento de 253.130,60 €. Co proxecto pretendeuse modernizar as instalacións para mellorar a capacidade produtiva, manter postos de traballo e usar de forma eficiente os recursos naturais. Á súa vez, esta iniciativa buscou reducir o consumo enerxético, polo tanto a pegada de carbono, para potenciar a eficiencia e fomentar o consumo responsable de auga.

‘O forno de Guísamo’, o taller de empanadas elaboradas con produtos da costa e da Reserva

Imagen
·          Os pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo aportarán produtos sans, non tratados industrialmente e centrados nunha economía local e sostible. ·          As empanadas produciranse baixo a marca “Empanadas do mar”. Aquelas persoas que queiran degustar empanadas elaboradas con produtos locais da costa e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo xa poden facelo en ‘O forno de Guísamo’ grazas a un dos proxectos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur . A iniciativa de Moroan S.L. e o financiamento do GALP puxeron en marcha este obradoiro de empanadas situado en Bergondo. Con esta iniciativa, que contou con 479.569,61 euros de financiamento, rehabilitouse un local comercial para empregalo como taller. A través da colaboración dos pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva, apórtanse os materiais de calidade que permiten facer estas del

O GALP participa en tres proxectos de cooperación para o impulso do patrimonio mariñeiro galego

Imagen
●      “Mar de Velas”, “Ruta dos Faros” e “Moradas Atlánticas” son os tres proxectos interterritoriais nos que participa o Golfo Ártabro Sur. Algunhas das iniciativas desenvoltas polo Golfo Ártabro Sur teñen carácter interterritorial . Os proxectos deste carácter son aqueles que se realizan dentro do Estado entre os GALP dunha mesma zona ou de distintas zonas do territorio. Á súa vez, tamén se enmarcan aquí os plans entre os GALP e as entidades público-privadas locais que estean ao abeiro dunha EDLP. “Mar de Velas”, impulso da cultura e a historia mariñeira Entre os proxectos interterritoriais do Golfo Ártabro Sur atópase “Mar de Velas”, que conta tamén cos grupos de acción costeira Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra como promotores, e no que participan asociacións pertencentes a estes territorios. A iniciativa emprega embarcacións tradicionais para o seu uso turístico co obxectivo de dar a coñecer a través da navegación a tipoloxía e a historia da p

O roteiro teatralizado “Son do Mar” xa pode visualizarse en vídeo grazas a Gallaecia Films

Imagen
Gallaecia Films , do IES Isaac Díaz Pardo do Concello de Sada , filmou o roteiro teatralizado "Son do Mar" . Un evento organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur coa colaboración de Alentía Teatro e a Confraría de Pescadores de Sada . Nel, máis de 70 actores e actrices recrearon a historia mariñeira do municipio a través dunha ruta que contou con 12 escenas ambientadas nos anos 40 e 50. Arredor de 300 persoas participaron neste roteiro. Esta iniciativa tiña como obxectivo principal impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira . Desde o GALP agradecemos esta montaxe audiovisual e a participación de todas as persoas que nos axudastes a facer posible este proxecto. Pódedes visualizala no seguinte enlace:  VIDEO