Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

O GALP Golfo Ártabro Sur divulga entre a alumnado as saídas laborais no sector mar-pesca

Imagen
  Asistimos cun posto á Feira de Orientación laboral do IES Rego de Trabe   No GALP Golfo Ártabro Sur continuamos coa nosa Axenda da Pesca Artesanal 2022, no marco da que estamos conmemorando o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) da FAO con diversos eventos. O primeiro venres de marzo, o GALP Golfo Ártabro Sur aceptou o convite do IES Rego de Trabe (Culleredo) para asistir cun posto propio á II Feira de orientación profesional. Alí, durante toda a mañá, responsables da entidade estivemos falando de saídas laborais no sector mar-pesca e asesorando ao alumnado, uns 400 rapaces, e ás súas familias sobre as dúbidas que lle xurdían. Ademais, impartimos unha charla e presentamos a nosa publicación "Guía de oficios mariños", que tamén podedes descargar aquí .   Ata o noso posto tamén se achegaron o secretario do GALP; José Garrote, e a concelleira de Educación de Culleredo, Jéssica Méndez Sánchez, que tamén é membro da nosa xunta directiva.   Na f

Formación da FEMPA sobre o Pacto Verde europeo e economía circular para optimizar a xestión GALP

Imagen
  Durante o taller presentouse a nova entidade FAMENET, que fusiona dúas asociacións de apoio previas como son FAME e FARNET Co obxectivo de seguir formándonos para mellorar o servizo ofrecido aos nosos asociados, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur asistimos ao taller online da FEMPA . Baixo o título “Políticas europeas e a súa inclusión nas EDLPs”, no evento presentáronse as liñas xerais do Pacto Verde Europeo, da economía circular e a influencia ambos nas estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLPs) para optimizar a xestión dos GALP.   Así mesmo, e para exemplificar a aplicación práctica de ambas temáticas, os GALP GALPEMUR (Murcia), o Itsas Garapen Elkartea (País Vasco), Costa de Granada e Costa Sostible presentaron varios casos de éxito nos seus territorios. No caso dos nosos veciños de Galicia, o GALP Costa Sostible expuxo os resultados do proxecto "Centro de transformación do lixo mariño" da Aula Sostible do Freixo, na Serra de Outes, que une inc

Execución do total de crédito cos proxectos presentados na última convocatoria

Imagen
  A decisión da xunta directiva debe ser avaliada pola Consellería do Mar   Na última convocatoria de axudas FEMP, dende o GALP Golfo Ártabro Sur aprobamos seis proxectos do total dos presentados, o que nos permite chegar ao 100% da execución do noso orzamento. Como xa comentamos noutras publicacións, n o caso da nosa entidade, xa consumiramos case o 98% do crédito (3M€) en anualidades anteriores e, aínda que o remanente non chegaba aos 63.000€, os promotores do noso territorio animáronse a presentar as súas iniciativas. Isto é o motivo polo que só dispoñemos de crédito para dous dos proxectos presentados, o que fixo que os demais quedaran en lista de agarda. Despois da aprobación dos proxectos por parte do GALP, estes agora deben ser avaliados pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que emitirá a resolución final. Os dous proxectos aprobados para os que o grupo ten orzamento, son os presentados pola Cofradía de Pescadores de Sada, para optimización enerxética das insta

A revista "Ruta Pesquera & Naval" destaca varias melloras na Lonxa da Coruña como mostra do traballo do GALP

Imagen
  A través destes proxectos FEMP subvencionados pola nosa entidade, o pósito coruñés reduciu a súa pegada ambiental e optimizou a súa eficiencia enerxética e o aforro A revista especializada no sector mar-pesca   Ruta Pesquera & Naval  publicou no seu número de marzo-abril unha completa reportaxe centrada en tres proxectos de eficiencia enerxética acometidos pola Lonxa da Coruña e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur con cargo ás axudas FEMP. A reportaxe abre a sección dedicada a Galicia. En xeral, a través destas tres iniciativas valoradas en preto de 220.000€ a Lonxa da Coruña buscaba innovar e transformarse para ser máis competitiva, apostando por modernizar as súas instalacións para estar dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul. Neste sentido, desde o GALP Golfo Ártabro Sur consideramos que estes obxectivos se encadraban nosa  estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLPs).   En dous anos Entre 2019 e 2020, o pósito coruñés subtituíu luminarias e equip

Apoio institucional á Reserva de Biosfera Mariñas en Biocultura

Imagen
  Durante o acto de inauguración da feira presentouse a Guía de produtos alimentarios de excelencia A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo presentou a principios de marzo en BioCultura a súa “Guía de produtos alimentarios de excelencia” que ten por obxectivo reivindicar o traballo dos produtores e a calidade da súa marca. O GALP Golfo Ártabro Sur, como entidade socia da Reserva, acudiu a este acto que tivo lugar na xornada de apertura da III edición de BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos que desde 2017 se celebra en Expocoruña. A vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur, Patricia Amado, o secretario, José Garrote, e a integrante da Xunta Directiva,  Jéssica Méndez Sánchez, foron tres dos responsables da nosa entidade que acudiron a apoiar á Reserva na súa aposta continua por converterse en “destino gastronómico de primeiro nivel”. Do 4 ao 6 de marzo Durante tres días, o público que visitou o espazo expositivo de 400 m 2 da Reserva de Biosfera

Proposta Definitiva Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur Convocatoria 2022

Imagen
  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 17 de marzo de 2022, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022”. A data de hoxe pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións a proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de 2022 pasa a ser  unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto .      Esta proposta

Proposta Provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur Convocatoria 2022

Imagen
       A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 17 de marzo de 2022, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022”.      Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de 2022 pasa a ser  unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto .       Esta proposta está

O GALP Golfo Ártabro Sur é o primeiro de España en participar no Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais da FAO

Imagen
As actividades organizadas polo GALP Golfo Ártabro Sur con motivo do AIPAA 2022 son as primeiras dun GALP de España en publicarse na web da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura para apoiar esta efeméride. A Axenda da Pesca Artesanal 2022 do GALP Golfo Ártabro Sur ten como eixo central esta efeméride, unha conmemoración que pretende xerar un impulso mundial para emponderar ao sector mar-pesca a pequena escala e asegurarlle un futuro sostible. Tras solicitar a tradución do logo do AIPAA ao galego, a entidade inaugurou o ano divulgando unha serie de vídeos sobre as artes de pesca artesanais  empregadas no seu territorio como o curricán, a liña ou o palangre. Coa proclamación de 2022 como Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) , a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, pola súas siglas en inglés) pide o apoio para os pescadores artesanais a pequena escala, os acuicultores e a xente do mar xa q

Éxito de concorrencia na última convocatoria de axudas FEMP do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Os oito proxectos presentados suporían un investimento duns 250.000 euros O pasado luns 28 de febreiro finalizou o prazo para presentar proxectos á última convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur  con cargos ao remanente dos fondos do período 2014 – 2020, prorrogado ata 2022. Aínda que no caso do GALP Golf Ártabro Sur, con aproximadamente un 98% do crédito (3M€) consumido en anualidades anteriores, e o remanente non chega aos 65.000€ o éxito da convocatoria pode considerarse de éxito xa que a entidade recibiu un total de oito proxectos de promotores privados que suman unha inversión duns 250.000€.   A convocatoria de axudas estaba aberta a particulares, empresas, entidades e asociacións interesadas en desenvolver proxectos e actividades vinculados ao mar. En concreto, o GALP ofrece liñas de financiamento para iniciativas relacionadas co medio ambiente, co turismo, co patrimonio cultural, co ámbito da cooperación e tamén coa posta en valor dos produtos do sector mar-pesca.    

O IES Monte das Moas, da Coruña, quinto centro en unirse ao programa Relevo 2

Imagen
Son xa cinco os institutos do territorio GALP Golfo Ártabro Sur que participan neste programa para fomento do relevo xeracional no sector do mar O segundo trimestre escolar para o programa “Relevo2 mocidade a bordo” arrancou con moita forza e ganas no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur xa que un novo instituto, o IES Monte das Moas (A Coruña) se sumou ao proxecto xunto cos IES O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo (ambos de Sada), o David Buján (Cambre) e Rego de Trabe (Culleredo).   Deste xeito, son xa cinco os centros escolares que participan neste programa para fomentar ao relevo xeracional no sector mar-pesca entre os rapaces de educación secundaria, en especial os de 4º da ESO.   O programa formativo divídese en tres bloques principais de contidos: pesca e acuicultura; transformación e comercialización e turismo e deportes náuticos.   Este trimestre, as temáticas que se abordarán son a transformación, distribución e comercialización de produtos do mar, sempre cunha orientación es

Vídeos sobre as artes de pesca artesanais

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur inaugurou 2022 divulgando unha serie de vídeos sobre as artes de pesca artesanais como o curricán, a liña ou o palangre Con motivo da conmemoración do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022 da FAO, o GALP Golfo Ártabro Sur xa comezou a difundir as primeiras accións vinculadas a esta efeméride mundial.   Desde comezos de ano, estanse emitindo unha serie de vídeos sobre as artes de pesca artesanais empregadas neste territorio para dalas a coñecer á poboación xa que, como adoitan dicir no mundo do mar, os peixes non se collen só cun tipo de rede.  Os vídeos poden verse nas redes sociais do @galpartabrosur e tamén na nosa canle de Youtube aquí:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLE5kM0wt2fLoR_Qock24NwWObtJ_XzAQS O mes de xaneiro estivo dedicado á pesca con liña , febreiro ao curricán e o palangre será o aparello protagonista de marzo. Abril dedicarase aos apeiros empregados no marisqueo a pé e maio, aos do marisqueo a flote .   Coa

Táboa de mareas e calendario lunar 2022

Imagen
  Dúas ferramentas básicas de traballo no noso calendario de mesa Dúas ferramentas de traballo básicas para o mundo do mar son a táboa de mareas e o calendario lunar. Por iso, no almanaque de mesa para 2022 o GALP Golfo Ártabro Sur quixo incluír ambas e que fose unha información útil para todos os traballadores do sector do mar!   Todas aquelas persoas que queiran facerse cun exemplar en formato papel, poden achegarse á sede da entidade ( Avda. do Porto, 21 - Baixo (Casa do Mar). Sada)  e tamén o podedes descargar aquí para ter sempre a clic no móbil! Descargar aquí o calendario de mesa 2022 do GALP Golfo Ártabro Sur:   https://drive.google.com/file/d/1gPZBjxLYiXzKt7ZYf9YoccfnyH3p0EcA/view?usp=sharing  

O GALP Golfo Ártabro Sur participará en dous novos programas de cooperación

Imagen
  Trátase de proxectos impulsados en colaboración con outros GALP de Galicia relacionados coa divulgación científica e o patrimonio marítimo O GALP Golfo Ártabro Sur xa está traballando na elaboración e presentación de dous novos proxectos de cooperación con outros GALP de Galicia para a promoción conxunta do territorio. Trátase de dúas iniciativas que estarán centradas na divulgación científica e na preservación e difusión da cultura marítima e mariñeira que levarán por título “Pesca (con)ciencia” e “Rema 2. Provomendo a cultura mariñeira no arco atlántico”.   Unha vez aprobados, estes dous proxectos sumaranse aos catro nos que o GALP Golfo Ártabro Sur colabora en 2022: Relevo2 mocidade a bordo; Rimartes. Riquezas do mar, tesouros do profundo, Un mar en común e Bitácoras do Mar.