SOLICITUDE
As solicitudes presentaranse OBLIGATORIAMENTE por
VÍA ELECTRÓNICA a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta
de Galicia: PE155A – Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das
Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A
I.
PROXECTOS LOCALIZADOS NO ÁMBITO TERRITORIAL: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo,
Oleiros e Sada.
*excepcións: no
Concello de A Coruña, por ser un municipio densamente poboado non computa a
totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas
familias), polo que só poderán ser beneficiarios de axudas:
·
As
sociedades de capital con domicilio social e fiscal no municipio e en cuxo
obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro. No caso de que
a sociedade desenvolva actividades noutros sectores, deberán acreditar, no
momento da solicitude, que a maior parte da súa facturación no ano anterior á
convocatoria, provén do sector pesqueiro.
·
As
persoas traballadoras autónomas integrantes do sector pesqueiro e os seus
familiares que tamén teñan a condición de autónomos.
·
As
persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal no
municipio e en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector
pesqueiro.
·
As
entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos especificamente á
poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o
resto do territorio da zona pesqueira.
·
No
caso de proxectos que supoñan a realización dunha actividade económica, as
persoas beneficiarias limitaranse á categoría de PEME, agás as entidades de
carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da
Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas
compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
·
Para
ser elixibles as persoas beneficiarias disporán de capacidade administrativa,
financeira e operativa. Ademais, no caso de operacións que impliquen
investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, a persoa disporá
de recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os costes de
funcionamento e mantemento das operación, para garantir a súa sustentabilidade.
II.
REQUISITOS:
·
Contribuír
aos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP
Golfo Ártabro Sur.
·
Ter a
sede ou domicilio en calquera punto de Galicia
·
Estar
localizado o proxecto no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Sur.
·
Ser
viables técnica e economicamente
·
Axustarse
á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de
aplicación para cada tipo de proxecto.
III.
BENEFICIARIOS:
1.
Pequenas
e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal e
social na Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades terán responsabilidade
xurídica.
2.
Poderán
ser beneficiarios os que cumpran os seguintes requisitos:
a.
Desenvolver
o proxecto no ámbito de aplicación da estratexia do GALP.
b.
Cando
o beneficiario sexa unha sociedade capital o proxecto deberá adecuar se ao
obxecto social que se recolla nos estatutos que teña rexistrados na data de
remate da solicitude.
c.
Municipios
densamente poboados (mirar apartado I Proxectos Localizados no ámbito
territorial).
3.
Persoas
xurídicas sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal e social na Comunidade
Autónoma de Galicia.
a.
Confrarías
de pescadores e as súas federacións
b.
Asociacións
profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións
c.
Entidades
sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións
do sector pesqueiro
d.
Entidades
públicas locais.
e.
Asociacións
declaradas de utilidade pública
f.
Entidades
sen ánimo de lucro cos seguintes obxectivos nos seus estatutos:
i.
Fomentar
as actividades náuticas
ii.
Promocionar
os produtos pesqueiros do territorio
iii.
Fomentar
o medio ambiente mariño e costeiro
iv.
Promover
o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
g.
Municipios
densamente poboados (mirar apartado I Proxectos Localizados no ámbito
territorial)
IV.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
Con carácter xeral, xunto coa solicitude deberá
achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se
indica a continuación:
1.
Modelo
normalizado de solicitude de axuda: Anexo I.
2.
Certificación
do órgano competente, na cal se especifique o acordo polo que se lle concede a
autorización para formular a solicitude ao asinante dela.
3.
Certificación
do órgano competente na que se acredite o desempeño do cargo actual
4.
Declaración
responsable da persoa solicitante da axuda sobre a aplicación da normativa
pertinente en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade. Anexo I
– bis
5.
Memoria
e orzamento que conteña a descrición do proxecto conforme aos modelos que
figuran na páxina web: https://galp.xunta.gal/presentacion-de-proxectos
6.
Localización
cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciada. No caso de instalacións
móbiles, concretarase o rango de mobilidade.
7.
Plan
económico conforme o modelo que figura na páxina web: https://galp.xunta.gal/presentacion-de-proxectos
8.
Documentación
xustificativa dos costes incluídos (orzamentos, contratos, facturas proforma,
etc.)
9.
Acreditación
de IVA soportado non recuperable polo promotor.
10.
Informe
de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático das
inversións en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de 5 anos
11.
Declaración
de impacto ambiental (DIA) do proxecto favorable á súa execución ou o informe
de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de
impacto ambiental ordinario ou simplificada.
12.
Autorización
no caso de que se inclúan actuacións dentro do ámbito da compatibilidade coas
estratexias mariñas, segundo o Real Decreto 79/2019 do 22 de febreiro.
13.
Informe
medioambiental ou solicitude de informe ante os órganos competentes no caso de
zonas incluídas na Rede Natura 2000, Áreas Mariñas Protexidas ou Espazos
Naturais Protexidos.
14.
Autorización
do organismo correspondente conforme ao Real Decreto 907/2007, de 6 de xullo,
polo que se aproba o Regulamento de Planificación Hidrográfica, e ao seu defecto,
a solicitude ante ao órgano competente.
15.
Solicitude
ou autorización en materia de recollida de residuos e xestión de desfeitos
xerados ou solicitude de autorización no caso de inversións e novas
instalacións ou ampliacións.
16.
Autorización
ou informe favorable da administración competente en dito patrimonio, ou no seu
defecto, solicitude ante o órgano competente, no caso de actuacións de
conservación, divulgación ou posta en valor de elementos do patrimonio
cultural.
17.
Autorización
no caso de que a norma expresamente o contemple, ou no seu defecto, solicitude
ante o órgano competente, no caso de actuacións prohibidas pola normativa de
protección.
18.
Declaración
censual de alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores (modelos
036/037), ou certificado da exención, de ser o caso, do importe sobre
actividades económicas (IAE)
19.
Documentación
acreditativa da condición de pequena e mediana empresa (PYME)
20.
Informe
da Seguridade Social de persoas empregadas na que se contemple a creación de
emprego.
21.
Declaración
relativa á condición de pyme (Anexo IIA)
22.
Declaración
relativa á condición de pyme (Anexo IIB)
23.
Copia
das contas depositadas no rexistro mercantil do solicitante, e de todas aquelas
empresas nas que participa no caso de que esta participación supere o 25%, do
último ano.
24.
Calquera
outra documentación que sexa necesario ou adecuada para a correcta valoración
do proxecto presentado.
25.
Copia
da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade inscritos no
rexistro.
26.
Proxecto
técnico de execución valorado.
27.
Acreditación
de capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co
proxecto.
28.
Libro
de familia no que figuren tódolos membros da unidade familiar e/ou
documentación acreditativa do parentesco.
29.
Documentación
acreditativa da condición de pescador/a, mariscador/a ou traballador/a do
sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
30.
Acordo
do nomeamento do representante ou apoderado único aos efectos da subvención,
asinado polos representantes de tódalas entidades solicitantes.
31.
Distribución
de compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o
importe da subvención solicitadas para cada un deles.
32.
Declaración
responsable (Anexo III)
33.
Pluralidade
de persoas solicitantes (Anexo IV)
34.
Informe
de efectos independentes, se o proxecto se pode desenvolver en fases
susceptibles de producir efectos independentes, no que se describa cada unha
das fases e os seus obxectivos independentes.
V.
REQUIRIMENTOS:
Dende o GALP pode realizarse o requirimento de
documentación se esta non está correcta, non é suficiente ou non foi entregada
no seu momento. NUNCA se poderán realizar cambios en:
-
Solicitude
P155A
-
Memoria
do proxecto
-
Plan
económico
Para estes tres documentos solo se poderán
solicitar aclaracións para a súa comprensión.
Os requirimentos para modificación ou entrega de
algunha documentación realizarase por sede electrónica. A documentación
axuntarase como: emenda ao requirimento.
Se non se recibe resposta neses 10 días,
automaticamente o proxecto non será financiable.
Se o promotor quere axuntar de motu propio
algún tipo de documentación adicional (diferente á requirida) a documentación
achegarase como: Achega de documentación complementaria.
VI.
MODIFICACIÓN, PRÓRROGA E CAMBIO DE PROVEEDOR
Cambio de provedor
No caso de que exista un cambio de provedor por
causas sobrevindas, deberá ser comunicado polo promotor expoñendo de forma
razoada, as causas e consecuencias do mesmo.
Esta comunicación realizarase o antes posible unha
vez coñecido o novo provedor, sempre antes da xustificación.
Prórroga
No caso de que o beneficiario considere que non
pode finalizar o proxecto ou cumprir os compromisos dentro do prazo sinalado na
resolución de concesión da axuda, pode solicitar prórrogas, expoñendo de forma
motivada as causas polas que non pode cumprir dito prazo e presentando unha
memoria onde se especifique o grado de realización da actividade subvencionada
e o novo cronograma das actuacións.
Esta solicitarase ante do GALP nun prazo
mínimo de dous meses de antelación á data de finalización do prazo de execución
no caso de que supoña variación da distribución de crédito por anualidades, e
dun mes nos restantes casos.
O cómputo do prazo de execución terá por data de
inicio a da execución a do levantamento da acta de non inicio ou a data de
solicitude, cando a acta non sexa necesaria. No caso de
que se aprobe a prórroga, non poderá exceder a metade do tempo inicialmente
concedido.
Modificación
Toda alteración das condicións tidas en conta para
a concesión da subvención, como a obtención concorrente doutras subvencións e
axudas, modificacións que afecten ao proxecto ou calquera outro extremo que
afecte nun aspecto substancial da resolución de concesión.
Poderase solicitar sempre que cumpra:
·
Que a
actividade ou a modificación proposta estea comprendida dentro da finalidade
das bases reguladoras e da convocatoria correspondente.
·
Que a
modificación non cause prexuízo a terceiros
·
Que
os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de concorrer
na concesión inicial, non supuxeran a denegación da subvención ou a non
selección do proxecto na concesión inicial.
·
Que a
modificación non supoña un incremento do importe subvencionado ao do porcentaxe
de axuda.
Cando a modificación non
supoña variación de distribución de crédito por anualidades, deberá ser
solicitada ante o GALP nun prazo mínimo de un mes de
antelación á data de finalización do prazo de execución.
Cando a modificación
supoña variación da distribución de crédito por anualidades, o prazo
límite da solicitude será de dous meses de antelación á
data final do prazo de execución.
· Naqueles
supostos de proxectos para investimentos que supoñan a realización dunha actividade
económica e que se amparen no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do
18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de axudas
de minimis (DO L 352, do 24 de decembro, esixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a
tempo completo (1UTA)
VII.
ACLARACIÓNS MOI IMPORTANTES
É moi importante ter en conta:
·
Manter
os investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos obxecto de
subvención durante 5 anos, polo menos, ou 3 anos no caso de PEMES, dende o
pagamento final. Tomarase como data de referencia para o cálculo dos períodos
de tempo mencionados, a data contable de último pago da axuda.
·
Para
proxectos plurianuais nos que a anualidade a xustificar
sexa superior a 18.000€ e imprescindible que se presente un aval bancario do
110% do importe total do proxecto. Os gastos do aval son
subvencionables. Ademais, este aval ten que estar depositado na Caixa Xeral de
Depósitos da Xunta de Galicia ata a xustificación total de pago final pola
Consellería do Mar da axuda. Unha vez verificada a execución do proxecto,
devolverase ao promotor para a súa cancelación.
·
Publicidade á axuda recibida, que de non cumprila aplicará o principio de
proporcionalidade e cancelará ata un máximo do 3% da axuda á operación. Os requisitos son os seguintes:
o
Se o
beneficiario dispón de web ou contas en redes sociais realizarán unha breve
descrición da operación en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e
resultados.
o
Nos
documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da operación
destinados ao público ou participantes, incluirán unha declaración que destaque
a axuda da Unión Europea de maneira visible.
o
Nas
operacións que impliquen investimentos físicos ou se instales equipos
adquiridos e teñan un custo total superior a 100.000€, instalarán placas ou
valos publicitarios resistentes en lugares ben visibles ao público nas que
apareza o emblema da Unión Europea.
o
Para
as operacións non incluídas no apartado anterior, exhibirán nun lugar ben
visible para o público un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla
electrónica coa información sobre a operación destacando a axuda do FEMPA.
·
Conservar os documentos xustificativos relacionados coa operación que recibe axuda
durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que o organismo
intermedio de xestión efectúe o último pago ao beneficiario.
·
Cando
o beneficiario sexa unha sociedade de capital, o
proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recollan nos estatutos, e
estes deberán de estar rexistrados na data de remate da solicitude.
·
No
caso de que as sociedades desenvolvan outras actividades ademais das do sector
pesqueiro, deberán acreditar que no ano anterior á convocatoria a maior parte
da súa facturación provén do sector pesqueiro.
·
Enténdese
por familiares do sector pesqueiro aquelas persoas en cuxa unidade familiar
figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou
afinidade, viva ou falecida no ano anterior á data de solicitude, que sexa ou
fose unha persoa pescadora, mariscadora, acuicultora ou persoa traballadora en
activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de
forma manifesta.
·
Só se
poderán subvencionar vehículos de transporte interno que consten con distintivo
ambiental: “Etiqueta cero emisións” e “Etiqueta ECO”.
·
Os investimentos para os cales se solicita a axuda non se poderán iniciar
antes da data de presentación da solicitude, nin antes da realización da acta
de non inicio (ANI), agás o
informe técnico relativo á protección fronte ao cambio climático no caso de
infraestrutura cuxa vida útil sexa como mínimo de 5 anos.
·
Cando
se solicite a subvención do IVA, o promotor deberá ter
en conta este feito no momento de solicitar a devolución do mesmo.
·
As
axudas a proxectos que non sexan directamente promovidos
por persoas do sector pesqueiro están sometidos a mínimis e terán un
tope máximo de axuda de 200.000 €.
VIII.
NORMATIVA E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CONSULTA:
A normativa e documentos de interese son os
seguintes:
·
Orde
do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión
de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local
participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
(GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027,
e se convocan as correspondentes ao ano 2024 (Código de procedemento PE155A). VER AQUÍ.
·
Estratexia
de desenvolvemento local participativo do GALP Golfo Ártabro Sur.
·
Páxina
web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) . VER AQUÍ
Nesta páxina pódese ver:
o
Tódolos
datos e situación dos 8 GALP existentes en Galicia
o
Tódolos
requisitos e trámites para solicitudes (como presentar un proxecto)
o Relación de proxectos subvencionados nas convocatorias anteriores
Documentación do proxecto |
|
01_ |
Solicitude de axuda (Anexo I) VER MODELO |
02_ |
Certificación do órgano competente, na cal se
especifique o acordo polo que se lle concede a autorización para formular a
solicitude VER MODELO |
03_ |
Certificación do órgano competente na que se
acredite o desempeño do cargo actual
VER MODELO |
04_ |
Declaración responsable sobre a aplicación da normativa de accesibilidade (Anexo I – bis) VER MODELO |
05_ |
Memoria e orzamento VER MODELO |
06_ |
Localización cartográfica (planos sobre mapas) e
xeorreferenciada. No caso de instalacións móbiles, concretarase o rango de
mobilidade. |
07_ |
Plan económico VER MODELO |
08_ |
Documentación xustificativa dos costes incluídos
(orzamentos, contratos, facturas proforma, etc.) |
09_ |
Acreditación de IVA soportado non recuperable
polo promotor. |
10_ |
Informe que garanta a protección fronte ao cambio
climático das inversións en infraestruturas |
11_ |
Declaración de impacto ambiental (DIA) do
proxecto |
12_ |
Autorización, ámbito da compatibilidade coas
estratexias mariñas |
13_ |
Informe medioambiental ou solicitude de informe
zonas: Rede Natura 2000, Áreas Mariñas Protexidas ou Espazos Naturais
Protexidos. |
14_ |
Autorización de Planificación Hidrográfica |
15_ |
Solicitude ou autorización en materia de
recollida de residuos e xestión de desfeitos xerados |
16_ |
Solicitude, autorización ou informe favorable da
administración competente en dito patrimonio |
17_ |
Autorización ou solicitude ante o órgano
competente, no caso de actuacións prohibidas pola normativa de protección. |
18_ |
Modelos 036/037, ou certificado da exención, de
ser o caso, do importe sobre actividades económicas (IAE) |
19_ |
Documentación acreditativa da condición PYME |
20_ |
Informe da Seguridade Social de traballadores en
alta |
21_ |
Plantilla media de traballadores. |
22_ |
Anexo IIA VER MODELO |
23_ |
Anexo IIB VER MODELO |
24_ |
Copia das contas depositadas no rexistro mercantil
do solicitante |
25_ |
Calquera outra documentación que sexa necesario
ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado. |
26_ |
Copia da escritura de constitución ou dos
estatutos da entidade inscritos no rexistro. |
27_ |
Proxecto técnico de execución valorado. |
28_ |
Acreditación de capacidade legal do uso e
desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. |
29_ |
Libro de familia no que figuren tódolos membros
da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco. |
30_ |
Documentación acreditativa da condición de
pescador/a, mariscador/a ou traballador/a do sector pesqueiro, dun membro da
unidade familiar. |
31_ |
Informe de efectos independentes |
32_ |
Declaración de non vinculación VER MODELO |
Documentación proxectos conxuntos VER MODELO |
|
33_ |
Acordo do nomeamento do representante ou
apoderado único aos efectos da subvención, asinado polos representantes de
tódalas entidades solicitantes. VER MODELO |
34_ |
Distribución de compromisos que corresponda
executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención
solicitadas para cada un deles. |
35_ |
Declaración responsable (Anexo III) VER MODELO |
36_ |
Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo IV) VER MODELO |
Comentarios
Publicar un comentario