A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aproba o Plan de Difusión 2020
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aprobou o Plan de Difusión 2020 que consta de 10 accións cuxo principal obxectivo é dar a coñecer o GALP Golfo Ártabro Sur, o seu programa de axudas e a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) á poboación do territorio, as accións propostas para esta anualidade son as seguintes: · Na procura dunha mellora da comunicación interna e externa , contratarase un gabinete de prensa para realizar una comunicación máis áxil, integrada e accesible para todos os públicos, adecuaranse ademais ás novas tecnoloxías para poder chegar a cada recuncho do noso territorio e a todos os niveis, ate aos mais novos emprendedores. · Para conseguir unha maior representación da muller no sector pesqueiro continuarase promovendo a asociación de mulleres do mar MULLER MAR (AMUMAR), xunto á que se coordinarán unha serie de actividades dirixidas a colexios e institutos orientadas a que os alumnos e alumnas coñezan