Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Convite ás xuntazas dos proxectos de cooperación “Un mar en común” e “Bitácoras do Mar”

Imagen
Terán lugar o xoves 16 en Sada e o venres 17 na lonxa da Coruña e están dirixidas a representantes da xunta directiva e da asemblea do GALP Golfo Ártabro Sur   O GALP Golfo Ártabro Sur acollerá os próximos xoves 16 e venres 17 os encontros dos proxectos de cooperación “Un mar en común” e “Bitácoras do Mar” aos que está convidados representantes da xunta directiva e da asemblea. Van ser dúas grandes oportunidades para compartir coñecemento, experiencias e opinións.  Os interesados en asistir poden comunicalo a través do correo electrónico galpgolfoartabrosur@gmail.com ou no teléfono 881 896 417 . O xoves 16 (17.00h) , o consultor en comunicación e estratexia comercial Roberto Pérez Marijuán dirixirá o obradoiro de procesos participativos de “Un mar en común” na sede do GALP (Casa do Mar de Sada. Avda. do Porto, 21) . O obxectivo da sesión é coñecer e aprender algunhas das metodoloxías de colaboración entre persoas para fomentar os procesos participativos. Ao día seguinte, o venre

O GALP Golfo Ártabro Sur e ACERGA organizan “Un mar de ilusións” para achegarse ao sector da inclusión

Imagen
Usuarios das entidades Down Coruña, Aspanaes, Aspace e Síndrome de Williams viviron en primeira persoa como é o traballo dun mariñeiro do cerco e na lonxa. A parte máis divertida foi a escenificación dunha poxa na Lonxa de Sada. Todas as fotos do evento "Un mar de ilusións - Coñecendo as nosas lonxas" 2022 no noso Facebook:  https://www.facebook.com/media/set/?vanity=galpartabrosur&set=a.1256508921420881  Un mar para todos contado a través de múltiples linguaxes. Esta podería ser unha das conclusións da xornada de diversidade funcional organizada esta mañá polo GALP Golfo Ártabro Sur e a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) para achegarlle ás persoas con diversidade funcional o mundo do mar e fomentar o consumo de produtos da pesca artesanal dunha forma divertida e didáctica. Baixo o título “Un mar de ilusións - Coñecendo as nosas lonxas”, e tomando a lonxa de Sada como escenario principal, as dúas entidades convidaron a unha trintena de rapaces de Down Co

Formación coa REGP sobre EDLP eficientes

Imagen
Xa estamos preparándonos para comezar a elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027   Desde o GALP Golfo Ártabro Sur continuamos mellorando cada día os nosos coñecementos para ofrecer un asesoramento técnico óptimo ás entidades do sector mar-pesca do noso territorio. Durante dous días, o 19 e o 20 de maio, participamos no II Taller formativo online da Red Española de Grupos de Pesca (REGP): "O deseño da EDLP como ferramenta base para a xestión dos GALP". Ademais de ser unha oportunidade para comparar a nosa estratexia coa de Grupos de toda España, aprendemos novas técnicas cuantitativas e cualitativas para deseñar e valorar os proxectos de emprendemento presentados ás nosas axudas.   Non obstante, tal e como puidemos comprobar, desde o GALP Golfo Ártabro Sur xa seguimos nunha porcentaxe moi alta estas indicacións o que, consideramos, é o motivo do éxito das convocatorias anteriores. Neste camiño, agora o noso obxectiv

Novas ideas para fomentar o relevo xeracional do sector mar-pesca

Imagen
Asistimos ao seminario de FAMENET "Como atraer á xente nova ao sector da pesca desde os GALP" Un dos eixos do traballo do GALP Golfo Ártabro Sur é potenciar o papel das comunidades marítimas como actores clave da economía local. Defendemos firmemente a idea de que un sector primario forte é, por unha banda, a base para garantir un ecosistema laboral sostible e digno e, pola outra, a salvagarda dun futuro sólido para todas as persoas e colectivos do territorio. Neste contexto, desde a nosa entidade mantemos unha actitude de aprendizaxe continua para dispoñer dos mellores coñecementos e ferramentas para asesorar a todos aqueles que nos presentan os seus proxectos de emprendemento, e tamén para poñer en marcha os nosos propios plans de dinamización como aqueles encamiñados a fomentar o relevo xeracional.   O pasado mércores 18 de maio asistimos ao seminario online de FAMENET "Como atraer á xente nova ao sector da pesca desde os GALP" para recoller ideas e continuar

O interese polo II Curso de velería tradicional chegou ata o País Vasco

Imagen
  O alumnado confeccionou unha vela cangrexa e a súa funda, destinadas aos coñecidos como “botes do norte” ou "botes do polbo" O sábado 14 de maio, tras 16 horas de formación, finalizou o II Curso de velería para embarcacións tradicionais promovido mais financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur. As instalacións da empresa Finishterra Sails, localizada no peirao de Oza (A Coruña) acolleron (9.45 a 14.00h) a última das catro xornadas do curso, que está foi impartido pola Asociación Os Patexeiros. Os 14 alumnos aproveitaron as últimas 4 horas de aprendizaxe para finalizar a confección dunha vela cangrexa e a súa funda. Este tipo de aparello utilízase nos coñecidos como “botes do norte” ou "botes do polbo". Previamente, déronselles unhas nocións básicas e formación teórica para saber como montar e coser as pezas de tela e tamén se achegaron ao barco para tomar medidas para confeccionar a funda a medida.   O fin desta aprendizaxe especializada foi fomentar os oficios tradic

Encontro anual do tecido asociativo do GALP

Imagen
A asemblea xeral 2022 tivo lugar no Multiusos A Senra, en Bergondo   Responsables das 48 entidades que integran o tecido asociativo do GALP Golfo Ártabro Sur reunímonos na tarde do 13 de maio durante a nosa asemblea xeral anual. Por segundo ano, o encontro tivo lugar no Multiusos A Senra, de Bergondo. Foi unha xuntanza moi produtiva na que, ademais de tratar e debater os asuntos da orde do día, os socios puideron achegar as súas impresións e opinións para contribuír ao fortalecemento da nosa estratexia de actuación.  

Viaxe de estudo para coñecer o sector pesqueiro do GALP Gandía Albufera

Imagen
Foi unha grande experiencia para coñecer experiencias positivas e trasladar accións ao noso territorio Representantes da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur realizaron na primeira semana de maio unha viaxe de estudo ao territorio do GALP Gandía Albufera (Valencia) para coñecer a realidade do sector mar-pesca desta zona do mar Mediterráneo, os proxectos que levan a cabo e establecer sinerxias. Nestas visitas foron recibidos e acompañados polas autoridades locais.   A comitiva reuniuse co presidente da entidade e da Comunitat de Pescadores de El Palmar, co equipo técnico do GALP Gandía Albufera, co director do Parque Natural de l'Albufera ou co subdirector da Consellería de Pesca da Comunitat Valenciana, entre outros representantes locais.   Tamén visitaron proxectos e iniciativas implementados e subvencionados no marco da súa Estratexia de Desenvolvemento Local. De todas estas xuntanzas de traballo xurdiron alianzas moi interesantes.   Sinerxias positivas Esta experiencia fo