Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024
O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de 1.500.000 euros. O GALP Golfo Ártabro Sur consegue un importante éxito nesta convocatoria de axudas 2024, acollendo proxectos por máis de 1.500.000 euros. Tras o fito acadado na primeira convocatoria das axudas FEMPA no ano 2023, con proxectos por máis de medio millon de euros, o GALP triplica este logro e acaba proxectos por máis de un millón e medio de euros no 2024. Este resultado na convocatoria é o colofón a uns meses de grande traballo dende a equipa técnica e xunta directiva para lograr acadar os resultados e compromisos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), que o grupo elaborou para a xestión dos fondos FEMPA no territorio. Entidades de todo tipo do territorio son os promotores, que presentaron os seus proxectos ao longo do mes de febreiro. As temáticas dos proxectos son moi variables, pero vese unha importante presenza do sector pesqueiro e de actividades vencelladas a él. Cabe destacar ta