· Un Taller Participativo reunirá este xoves aos grupos GALP e aos colectivos implicados no proxecto, para validar a información recollida en campo. O proxecto Mar de Velas, que comezou a finais do mes de xullo, avanza de cara ao deseño dun plan estratéxico que permita, a través do deseño dun Modelo de Xestión de Mariña Tradicional, dar resposta aos principais retos que afronta a conservación e posta en valor do patrimonio ligado ao mundo das embarcacións tradicionais. O proxecto atópase na súa primeira fase, na que está a elaborar unha diagnose da situación que funcionará como punto de partida para o deseño dun modelo de xestión dunha Rede de Mariñas Tradicionais en Galicia. A diagnose estase a elaborar dende o punto de vista dos propios colectivos implicados, os cales están sendo entrevistados de forma individualizada para coñecer a diversidade xeográfica que existe, pero tamén estase a recoller a información de todos os demais axentes de interese implicados, como so