Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

O GALP Golfo Ártabro Sur pospón todos os eventos que conleven agrupacións de persoas

Imagen
Ante a crise do COVID-19 e seguindo as recomendacións de seguridade impostas polo goberno, dende o GALP Golfo Ártabro Sur, lamentablemente, informámosvos a todos e a todas que suspendemos todas as nosas actividades de difusión que impliquen agrupacións de persoas, que serán reanudadas nos vindeiros meses. Estamos moi contentos/as de poder anunciarvos que, debido á gran acollida que tiveron nas edicións pasadas, este ano volveremos a realizar actividades como “ Son do mar ” e “ Un mar de ilusións ”, para achegar o mundo do mar, o sector pesqueiro e a cultura mariñeira das nosas vilas a todos e todas aquelas que o desexen. Por iso, estamos pendentes da actualidade e das novidades referentes a esta atípica situación para poder comunicarvos o antes posible as novas datas nas que retomaremos todas as nosas actividades. Mentres tanto, seguimos traballando coma de costume e podedes atoparnos a través das seguintes canles: Ø   Teléfono: 881 896 417 Ø   WhatsApp: 617 867 820 Ø  

Un proxecto do GALP Golfo Ártabro Sur, foi elixido candidato a boas prácticas emprendedoras e en igualdade de xénero no sector pesqueiro.

Imagen
  Este proxecto, do que non podemos desvelar moita información aínda, é moi importante para a integración da muller no sector pesqueiro. O proxecto, nace grazas a unha muller emprendedora, capaz e vital, que ve oportunidades onde outros non, e transfórmaas en realidade mediante o seu esforzo e dedicación. Esta muller vinculada dende a súa infancia ao mundo do mar, ten vocación tan arraigada ao sector pesqueiro que a levou a consideralo, non só o seu traballo, senón a súa forma de vida, creando un proxecto innovador, que busca axudar aos demais e que con el busca dar un xiro á industria amosando a todos que outras formas de traballo son posibles. Ela trouxo algo revolucionario e innovador á venda de peixe en Galicia, baixo as premisas de peixe de proximidade, coa máxima calidade e frescura. Isto axuda a que todos teñamos as mesmas oportunidades para poder desfrutar dos produtos cos que o sector pesqueiro nos pode deleitar, e tamén cambiar a perspectiva dos mais pequenos, facend

COMUNICADO A PROMOTORES

Imagen
Medidas para garantir servicios do GALP Golfo Ártabro Sur Fronte á situación actual provocada polo brote do novo Coronavirus (Covid-19),   informamos que desde o GALP Golfo Ártabro Sur imprementamos o protocolo de teletraballo para o noso equipo técnico, cos obxectivos de: -           Facer todo o posible para garantir a saúde dos nosos empregados. -           Asegurar en todo o que sexa posible o soporte aos nosos promotores. -           Cumprir coas medidas de prevención de contaxios que nos indiquen as autoridades. Respecto ao traballo ordinario e ás actividades desenvolvidas polo grupo, seguimos as recomendacións indicadas no comunicado da dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro aos GALP: -           Limitar a atención directa aos promotores e beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP e público en xeral, procurando que esta atención se leve a cabo vía telefónica ou por correo electrónico. -           En relación aos proxectos en execución dos promotores

O GALP Golfo Ártabro Sur continúa a subvencionar a todas aquelas persoas que queren facer realidade proxectos relacionados co mundo do mar

Imagen
Nesta última convocatoria de marzo no GALP Golfo Ártabro Sur solicitáronse 14 proxectos por un valor total de 905.834,55 euros relacionados coa diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas , c o fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras e co f omento da cooperación . O GALP Golfo Ártabro Sur   recibiu proxectos por   un total de 905.834,55 euros a 14 proxectos relacionados con tres dos seus eixos de actuación coas seguintes porcentaxes: un 64,29% do total relacionados coa diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, un 28,57% aos ligados ao fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras e un 7,14% sobre o f omento da cooperación. Estes bos datos foron acadados a pesar de que nesta convocatoria o grupo non tiña dispoñible crédito para proxectos relacionados co seu obxectivo estratéxico principal que con