O GALP Golfo Ártabro Sur participa nun seminario de comunicación e divulgación científica
Representantes da entidade participaron no encontro virtual organizado dentro do marco da iniciativa Pasaporte REMA. Representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participaron no seminario de comunicación e divulgación científica organizado dentro da iniciativa Pasaporte REMA. O obxectivo desta conferencia virtual foi a posta en valor do patrimonio mariñeiro atlántico europeo. O GALP estivo presenta neste encontro dixital no que estaban convidados a participar todos os membros da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (Rede REMA), composta na actualidade por 29 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias. Tamén podían participar institucións que tiveran como finalidade poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo. O seminario foi impartido polos xornalistas Eduardo Rolland e Manuel Rey, de GCiencia, que explicaron a situación na que se atopa na actualidade a divulgación científica no ámbito galego e español. A co