Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2022

Continúan as reunións para achegar propostas á nova EDLP

Imagen
 Organizáronse encontros abertos con toda  veciñanza do territorio de actuación do GALP Golfo Ártabro Sur, ademais de seguir activo o formulario online para enviar as achegas     A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha. Para isto, antes estamos traballando desde a base convocando encontros abertos a todo o mundo e recollendo as ideas que nos trasladan as persoas dos nosos territorios.   Tras as primeiras reunións de xullo, en formato presencial e online, a mediados de agosto xuntámonos co sector pesqueiro na Lonxa da Coruña e hoxe, mércores 31 de agosto (19.00h) farémolo na nosa sede de Sada para trazar o plan de acción da Estratexia. O venres 2 de setembro (10.00h) teremos a segunda reunión telemática para certificar este plan de acción.   O s

Resolución do I Concurso de foto dixital “Ollando cara ao mar”

Imagen
“ A bravura do mar” gaña o I Concurso de fotografía do GALP Golfo Ártabro Sur O I Concurso de fotografía online do GALP Golfo Ártabro Sur “Ollando cara o mar” pecha a súa primeira edición coa obra “A bravura do mar”, de Manuel Suárez Blanco, como primeira finalista na votación popular. A imaxe, capturada desde un punto da costa de Mera, en Oleiros, amosa como o mar rompe con forza contra as pedras, provocando unha espesa espuma branca e alertando da súa fereza.   A obra foi a máis votada polo público, pero seguida moi de preto por “Posta de Sol” e “Libélula descansado a beira do río” de Adrián Rodríguez, que obtiveron o segundo e terceiro premio do certame. En contraposición á primeira fotografía, as do segundo gañador evocan tranquilos escenarios, como a fermosura do atardecer dende a praia de Barrañán, en Arteixo, ou a quietude dunha libélula nun regato de Bergondo.   Ver aquí todas as fotos:   https://www.facebook.com/media

A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” percorre o territorio

Imagen
Tras pasar por Sada, Oleiros e Arteixo, a última parada desta mostra itinerante é o mercado da praza de Lugo, da Coruña, onde estará dispoñible ata o 12 de setembro   Tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, a exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” continuou o seu percorrido polo noso territorio con estadías en Oleiros, Arteixo e A Coruña. No Centro Cívico - Casa da Cultura de Santa Cristina, en Perillo, estivo do 2 ao 14 de agosto; despois no Centro Cívico de Arteixo entre o 16 e 28 (só mañás) para acabar no mercado da praza de Lugo, da Coruña. Aquí, estará dispoñible ata o 12 de setembro.   A mostra “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida pola entidade a raíz da próxima redacción da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para xestionar os Fondos Europeos Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Este estudo foi un traba

Dous novos estudos para coñecer o territorio

Imagen
  Desde o GALP Golfo Ártabro Sur promovemos a elaboración de dous informes para documentar o patrimonio material e inmaterial do noso territorio   No GALP Golfo Ártabro Sur continuamos investigando para coñecer mellor o noso territorio e actuar en consecuencia. Por este motivo, estamos realizando dous novos estudos sobre o noso patrimonio material e inmaterial no sector mar-pesca e a herdanza que recibimos do mar a través da cultura mariñeira. O primeiro dos informes leva por título "Especies capturadas e infraestruturas do sector do mar" e o segundo, “Influenza do sector do mar na poboación do GALP Golfo Ártabro Sur”.   En breve vos presentaremos os resultados de ambos.