O GALP Golfo Ártabro Sur súmase á celebración do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022 da FAO
Serán doce intensos meses para recoñecer socialmente a importancia da pesca e da acuicultura artesanais Coa proclamación de 2022 como Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais (AIPAA), a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO pola súas siglas en inglés) pide o respaldo para os pescadores artesanais a pequena escala, os acuicultores e os traballadores da pesca xa que, co seu traballo contribúen sobremaneira ao benestar humano, á recuperación dos sistemas agroalimentarios e á erradicación da pobreza. Plenamente conscientes desta realidade, xa que unha importante porcentaxe da actividade do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está centrada no sector primario mar-pesca, sumámonos á celebración desta efeméride. Ao longo deste 2022, todas as nosas actividades de difusión, dinamización e educación da entidade xirarán sobre este eixo central. Como reforzo ao seu programa de actividades, tamén se lle solicitou á FAO a tradución do logotipo oficial