Xa está aberta a primeira convocatoria de axudas FEMPA no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.
Dende o día 27 de setembro e ata o 26 de outubro, xa se poden solicitar as axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no GALP Golfo Ártabro Sur. Unha vez máis, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten xa seleccionados os grupos, aprobadas as estratexias e lanza as aportacións para a presentación de proxectos ao amparo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura para o período 2021-2027. O GALP Golfo Ártabro Sur, está entre os oito GALP elixidos para este período. Entre todos os GALP engloban a máis de 400 organizacións locais, cerca de un cento delas pertencentes ao sector pesqueiro e que representan a máis de 13.000 profesionais do mar. Deste modo, os potenciais beneficiarios destas axudas (pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector) poden presentar proxectos ao amparo dos GALP